Ayudas

Xoves, 31 de outubro de 2013

AXENTES FACULTATIVOS AMBIENTAIS

OPOSICIÓN

ORDE pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, publicada no DOG de hoxe (17/10/2013)

Obxecto do proceso selectivo será cubrir vinte (20) prazas do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientaispolas quendas de promoción interna e acceso libre.

Sistema selectivo será o de oposición.

Ampliar

Xoves, 31 de outubro de 2013

AXENTES DE EMPREGO: ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

CONVOCATORIA

ORDE pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dosprogramas de cooperación no ámbito de colaboración coasentidades sen ánimo de lucro para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Beneficiarias: Entidades sen ánimo de lucro que establezan accións específicas de conformidade cos seus estatutos para a inserción, preferentemente, das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social,

Ampliar

Xoves, 31 de outubro de 2013

CONCELLOS: INFRAESTRUTURAS DE USO PÚBLICO

AMPLIACIÓN DE CRÉDITO:

ORDE pola que se amplía a dotación orzamentaria das subvencións para a execución de infraestruturas de uso público destinadas aos concellos de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida

O incremento da dotación para o exercicio 2013 será de 123.108,67 €,

Ampliar

Xoves, 31 de outubro de 2013

FAMILIAS: ADQUISICIÓN DE LIBROS ESCOLARES

AMPLIACION DE CRÉDITO E DE PRAZO

ORDE pola que se procede á ampliación dos importes para o financiamento das axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/14

Ampliación do crédito dispoñibles en 2.565.382,04 euros no curso escolar 2013/14

Ampliar

Xoves, 31 de outubro de 2013

COOPERATIVAS: FOMENTO DO EMPREGO

AMPLIACION DE PRAZO

ORDE pola que se modifica o prazo de execución das accións subvencionadas dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo e se procede á súa convocatoria para o ano 2013

Excepcionalmente, as accións realizadas entre o 21 de febreiro de 2012 e a data de publicación desta orde poderán dar lugar ao acceso á condición de beneficiario.

Ampliar

Xoves, 31 de outubro de 2013

XUBILACIÓN: EMPRESAS EN REESTRUTURACIÓN

DETERMINACIÓN DO CRÉDITO DISPOÑIBLE

RESOLUCIÓN da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se publica o crédito para o exercicio 2013 das axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas

Importe de 1.153.603,41 €

Ampliar

Xoves, 31 de outubro de 2013

MEDIO RURAL: PAGAMENTOS DIRECTOS A AGRICULTURA E GANDARÍA E UTILIZACIÓN SUSTENTABLE DE TERRAS AGRÍCOLAS

AMPLIACIÓN DE CRÉDITO

ORDE pola que se incrementa a dotación orzamentaria para os pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2013.

Increméntase no importe de 1.264.930,77 euros

Amplíase o prazo de xustificación ata o 30 de novembro de 2013

Ampliar

Mercores, 30 de outubro de 2013

COMERCIO: AXUDAS PARA NOVAS TECNOLOXÍAS

AMPLIACION DE CRÉDITO E DE PRAZO

ORDE pola que se amplía a dotación orzamentaria e o prazo de xustificación das subvencións ao comercio de proximidade para a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) e fomento do comercio electrónico, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN214A

Incremento da dotación será de 100.000 euros

Amplíase o prazo de xustificación ata o 30 de novembro de 2013

Ampliar

Mercores, 30 de outubro de 2013

SOTERRAMENTO DE LIÑAS ELÉCTRICAS

AMPLIACIÓN DE PRAZO DE XUSTIFICACIÓN:

ORDE pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa das axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas que transcorran por un ou varios termos municipais na Comunidade Autónoma de Galicia

Amplíase ata o día 20 de decembro de 2013(inclusive) o prazo para a execución e xustificación dos investimentos que foron obxecto de subvención

Ampliar

Martes, 29 de outubro de 2013

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial

RESOLUCIÓN pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia  non  competitiva, das subvencións para o  fomento da propiedade industrial  no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, publicada no DOG de 16/10/2013.

Financian os gastos de tramitación de solicitudes de títulos de propiedade industrial relativos a invencións e da súa renovación, ante as oficinas nacionais, rexionais ou internacionais, os importes das taxas aplicadas polas ditas oficinas para a realización dos trámites citados, os gastos de consultoría externa asociados á preparación e presentación ante ditas oficinas da documentación correspondente.

O prazo de solicitude rematará o 15 de novembro de 2013

Ampliar

Martes, 29 de outubro de 2013

Bases reguladoras do programa de apoio do Igape para pequenas e medianas empresas elaboradoras de viños

RESOLUCIÓN do que aproba as bases reguladoras do programa de apoio do Igape para pequenas e medianas empresas elaboradoras de viños, financiado pola Consellería do Medio Rural e do Mar, publicada no DOG de hoxe (24/10/2013)

Prazo: Ata o 25 de novembro de 2013

Ampliar

Martes, 29 de outubro de 2013

Axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral

ORDE pola que se establecen as bases para a concesión das axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C), e se procede á súa convocatoria, publicada no DOG de 15/10/2013.

- Modalidade A: contrato dun máximo de dous anos de duración para a realización de estadías no estranxeiro e un contrato de retorno dun ano de duración nunha universidade galega

- Modalidade B: contratos dun ano de duración, sen posibilidade de prórroga, nunha universidade do SUG, dirixidos ao persoal doutor investigador beneficiario dun contrato nunha universidade galega do programa Ángeles Alvariño do Plan Incite

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o30 de novembro para a modalidade A, e para a modalidade B será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG

Ampliar

Redes Sociais