Novas

Xoves, 9 de maio de 2013.

Os populares xa solicitaran en febreiro a regularización dos permisos provisionais existentes

O PP solicita o informe elaborado polo Concello de Monforte en relación á situación das licenzas dos locais da Rúa Duquesa de Alba

-O Grupo Municipal do PP de Monforte cre que as recomendacións do Valedor nas que avoga por unha xestión "máis eficaz" por parte do Goberno local "caeron en saco roto"

A portavoz do PP de Monforte, Julia Rodríguez, presentou un escrito no Concello no que solicita que lle sexa expedida e entregada unha copia do informe (con data de 5 de decembro de 2012) do técnico de Administración Xeral en relación á situación e aspectos máis destacables das licenzas dos locais da Rúa Duquesa de Alba. Julia Rodríguez considera que as recomendacións do Valedor do Pobo nas que avoga por unha xestión "máis eficaz" por parte do Concello caeron en saco roto, posto que os avances aínda non se produciron".

O Grupo Municipal do PP de Monforte presentou unha moción ao Pleno do pasado 5 de marzo na que solicitaban ao Concello que adoptase as medidas necesarias encamiñadas a rematar coa problemática que mantén enfrontados aos veciños e empresarios de Duquesa. En concreto, o PP pedía na súa moción que se procedera, previos os trámites oportunos, á regularización das licenzas provisionais existentes, unha solicitude que o Goberno local se negou a cumprir.

Os populares pedían ademais que se tomaran as medidas precisas para garantir o cumprimento da normativa sobre horarios de apertura e peche de establecementos públicos en toda a cidade, segundo o tipo de licenza de actividade de que dispoñan. Tamén se demandaba un incremento da presenza policial e calquera outra medida dirixida a garantir unha maior seguridade na zona.

Julia Rodríguez explica que na súa reunión cos empresarios afectados eles mesmos lle trasladaron o seu interese porque o Concello regularice a situación das súas licenzas, moitas delas provisionais.

Desde o PP recordan que a Rúa Duquesa de Alba acolle 23 locais que xeran 75 postos de traballo directo, dos que o 85% se corresponde con mozos menores de 25 años que, na maior parte dos casos, non dispoñen doutros ingresos.

Novas

Redes Sociais