Novas

Xoves, 13 de xuño de 2013

O Grupo Municipal Popular rexistrará unha pregunta para o próximo Pleno ante unha situación que considera "preocupante"

O PP interpela ao Concello sobre as medidas que está levando a cabo ante queima de vehículos e contedores na cidade

O Grupo Municipal do PP de Monforte presentará unha pregunta para a súa resposta por parte do Goberno local no próximo Pleno na que se interesa polas medidas que o Concello está levando a cabo en relación con queima de vehículos e contedores na cidade, un suceso do que se fixeron eco os medios en varias ocasións nos últimos meses.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, considera que se trata de incidentes "preocupantes" que ademais "poden entrañar un risco para a cidadanía". Os populares pretenden obter información do Goberno local sobre a orixe destes incidentes, así como as accións que o Concello puxo en marcha para o seu control e para garantir a seguridade cidadá.

"É unha situación que debemos evitar que se repita, polo que queremos saber o alcance dos incidentes, se son casuais ou provocados, así como as medidas que o Goberno local está articulando", precisa a portavoz.

Novas

Redes Sociais