Novas

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

A portavoz popular fixará novos encontros con colectivos da zona urbana e rural para saber qué investimentos consideran prioritarios

O PP mantén reunións coas asociacións locais para coñecer as súas demandas para os Orzamentos municipais

O Grupo Municipal do PP pide ao Goberno local que aclare "canto antes" que fará finalmente no Parque dous Condes

O Grupo Municipal do PP iniciou esta semana unha serie de reunións e contactos coas asociacións e colectivos locais para coñecer de primeira man as súas demandas para os Orzamentos municipais dos que, polo momento, nada se sabe. A portavoz do PP, Julia Rodríguez, recolleu as súas suxestións nas que lle trasladaron cómo consideran que debería facerse o emprego dos recursos públicos de xeito prioritario.

As asociacións de Monforte interesáronse ademais pola obra da pérgola do Parque dos Condes, así como porque se lle concederan os traballos a unha empresa de fóra de Monforte, igual que ocorreu coa reforma da Praza de Abastos.

O Grupo Municipal do PP seguirá adiante con estas reunións de carácter informativo nas que se interesará polas demandas cidadás en relación cos Orzamentos municipais que o Goberno local ten pendentes de presentar e aprobar. Para iso, o PP xestiona xa novos encontros con colectivos da cidade e do medio rural.

Despropósito no Parque dos Condes

A raíz das informacións aparecidas hoxe na prensa sobre a pérgola que o Goberno local pretendía colocar no Parque dos Condes, o PP considera "un despropósito" a xestión levada a cabo polo Concello. Os populares pregúntanse o motivo polo cal o alcalde decidiu iniciar unhas obras para as que non tiña o pertinente permiso, tal e como se demostrou.

Julia Rodríguez esixe ademais que se aclare se a obra se vai a realizar en función da autorización que se obtivo en Patrimonio ou se o Goberno local vai persistir na colocación dunha estrutura de 40 metros de longo, para o que tería que solicitar un novo permiso.

Doutra banda, aos populares preocúpalles como afectará esta notificación ao orzamento previsto para a actuación, tendo en conta de que se o proxecto é menor, tamén a factura debería selo. Nese caso, apuntan os populares, "o alcalde terá que explicar o custo final da obra e se o asumirá igualmente unha empresa de fóra de Monforte como xa é costume nas obras que contratan os nacionalistas".

Julia Rodríguez explica que "o único que existe detrás deste proxecto do alcalde é un mar de dúbidas, un orzamento non se sabe ben para que e unha empresa de fóra de Monforte que fará os traballos".

Novas

Redes Sociais