Novas

Sábado, 25 de xaneiro de 2014

Os populares explican que se seguen autorizando pagos de facturas deste solar por importe de 903,96 euros ao mes malia contar con reparos de Intervención, dun acordo plenario e dunha cuantificación menor do seu prezo

O PP esixe que "de forma definitiva" o Goberno local regularice a situación arrendataria do aparcamento da Rúa da Cerca

Julia Rodríguez recorda que o importe que a Policía Local fixa por este espazo é de 236,66 euros ao mes

O Grupo Municipal do PP presentou unha moción para o seu debate no Pleno de hoxe na que esixen que "de forma definitiva" se dea cumprimento aos acordos plenarios do ano 2012 e 2013 en relación coa regularización da situación arrendataria do solar situado na Rúa da Cerca e, en particular, facendo coincidir o seu prezo co seu valor de mercado en aplicación ao acordado na Xunta de Goberno do 4 de xullo de 2013.

O que motiva a moción do PP é que logo de dous acordos plenarios, dun expediente de adquisición de terreos en réxime de aluguer cun informe que xustifica o prezo de 237 euros ao mes polo aparcamento, o Goberno local segue autorizando pagos de facturas deste solar por importe de 903,96 euros ao mes. Os populares critican que isto sexa así malia contar cos correspondentes reparos de Intervención, levantados polo alcalde en resolución do 19 de decembro de 2013.

O Grupo Municipal do PP presentou unha moción no seu día para denunciar a situación do aparcamento da Rúa da Cerca polo que se abonaban 1.066 euros ao mes. En xullo de 2012 a iniciativa do PP acordouse en Pleno regularizar a situación arrendataria para adecuala ás características do solar, a ubicación ou o número de prazas dispoñibles para facelo corresponder co seu valor de mercado.

Trato desigual insostible

En abril de 2013 só se aplicou un pequeno desconto, de maneira que establecido o importe do arrendamento en 1.093,79 euros abonábanse 903,96 euros mensuais, cantidade que excedía igualmente o valor de mercado e representaba un enriquecemento inxusto comparado co arrendo do solar do Campo de San Antonio -con máis prazas e maior nivel de ocupación- polo que o Concello pagaba un prezo de 302 euros ao mes, que co desconto proporcional pasou a 250 euros ao mes.

É entón cando o PP solicita a preceptiva valoración pericial comparativa do arrendamento do solar da Rúa dá Cerca e da alternativa de adquisición e acondicionamento dun inmoble para o mesmo fin. A Policía municipal emite un informe segundo consta na Xunta de Goberno do 4 de xullo de 2013 no que cuantifica o solar de San Antonio en 250,14 euros e o da Rúa da Cerca en 237,66 euros, o de menor importe de todos aqueles que son obxecto de arrendamento.

Novas

Redes Sociais