Novas

Luns, 24 de febreiro de 2014

O Grupo Municipal Popular recorda que a actuación responde ás demandas postas de manifesto polos veciños, por diferentes colectivos e polos populares

O PP traslada a súa satisfacción pola limpeza dos arroios de Monforte que estes días acomete a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil

Julia Rodríguez solicita ademais que se acondicione algún tramo que non estaba previsto na restauración hidrolóxica-forestal

O Grupo Municipal do PP de Monforte traslada a súa satisfacción pola limpeza e acondicionamento dos arroios de Monforte que estes días acomete a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. En concreto, o organismo destina a esta actuación 40.000 euros que permiten actuar no Río Cabo, o arroio innominado, Río Seco, Zapardiel, regato dás Malloadas e Río Carballo.

Os populares recordan que os traballos responden ás demandas postas de manifesto polos veciños de Monforte, por diferentes colectivos, así como polas peticións do Grupo Municipal do PP. Neste sentido, a portavoz do PP, Julia Rodríguez, solicitou ademais a importancia de que se acondicione algún tramo máis que non estaba previsto na restauración hidrolóxica-forestal, como é o caso de do arroio de Mato.

A portavoz destaca tamén a necesidade de levar a cabo estes traballos nun ano no que as choivas produciron numerosas inundacións. "É importante retirar toda a maleza para evitar novas inundacións", expón.

Críticas ao deixamento do Concello

Desde o Grupo Municipal do PP denuncian unha vez máis a negativa do Goberno local a asumir a máis mínima actuación neste sentido malia a situación de insalubridade e risco de inundación soportada por moitos veciños.

Os populares pediron en numerosas ocasións que o Goberno local abandonase o seu deixamento a pesar do escaso esforzo económico que podería representar para as arcas municipais, como así demostra o feito de que algún arroio como o Río Seco fose acondicionado polos veciños, os cales usaron directamente os seus propios medios.

Novas

Redes Sociais