Novas

Xoves, 27 de febreiro de 2014

O Grupo Municipal Popular sostén que o Concello non só non executa os acordos do Pleno, senón que non lle esixe a FCC que atenda as obrigas fixadas na concesión

O PP votará en contra da actualización do IPC da empresa de recolleita de lixo ao entender que incumpre o contrato

Julia Rodríguez explica que é obrigación da concesionaria o roce de limpeza e de malas herbas en monumentos públicos, tales como a muralla e a Ponte Vella

O Grupo Municipal do PP de Monforte anuncia que votará en contra da actualización do IPC no contrato de limpeza viaria e recolleita de lixo ao entender que a empresa incumpre en contrato. Os populares denuncian o deixamento do alcalde que "non só non cumpre os acordos do Pleno, senón que non lle esixe á concesionaria, FCC, que atenda as obrigacións fixadas na concesión".

En concreto, o GMPP recupera o punto 5.2.5. do contrato no que se expón a obrigación da concesionaria co roce de limpeza e de malas herbas en monumentos públicos. Explícase que de modo adicional aos servizos de roce que se van a levar a cabo en solares municipais e á eliminación de malas herbas que forma parte das tarefas a desenvolver polos equipos de barrios manual, previuse a prestación do labor de saneamento de especies vexetais invasoras nos monumentos públicos de referencia do Concello: a Ponte Vella e a muralla.

O contrato recolle ademais que "esta tarefa levarase a cabo por medio da brigada motorizada asignada ao varrido manual do nivel 5 de limpeza viaria e á limpeza de solares e vertidos incontrolados, que compatibilizará estas tarefas coa que aquí nos ocupa".

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, recorda que o PP presentou unha moción para a limpeza urxente da maleza da Ponte Vella "que pese a ser aprobada polo Pleno non se atendeu, cando era tan sinxelo como facer que a concesionaria do lixo cumpra co contrato".

Numerosos incumprimentos

A popular engade que o artigo 77 da LCSP permite que non se aplique esta actualización, do mesmo xeito que o prego de cláusulas cando sinala que o órgano de contratación en resolución motivada poderá excluír a procedencia da revisión de prezos. A portavoz considera "pouco previsible" que un contrato de 1,7 millóns de euros entre en desequilibrio porque non se incremente en 7.000 euros ao ano, que é o que representaría a revisión dos atrasos. Con todo, "apreciamos que está incumprindo as súas obrigacións co beneplácito do alcalde, polo que non podemos apoiar esta subida do IPC", indica.

O PP dá conta ademais do xa citado doutros incumprimentos da empresa cos que o Concello foi permisivo e dos que tivo que advertir a oposición. Entre eles, a petición de que non se abonase a cantidade do cubeo ata que se iniciase esta práctica, que non se usase auga potable para iso, a inexistencia de sanecans, o incumprimento do número de cubos, ou a esixencia de realizar o baldeo por rego mecánico.

Novas

Redes Sociais