Novas

Venres, 21 de xuño de 2013

Os populares recordan que foron as súas negociacións en relación coa Oficina de Rehabilitación as que permitiron que o tipo se sitúe no 0,55 a partir de 2013

O PP acusa ao Goberno local de querer subir o IBI nun 0,60 desde o 2014 ata o ano 2019

Julia Rodríguez considera que BNG e PSOE manteñen unha estratexia "propia dun goberno bipartito na sombra que funciona ademais como coalición para cargar contra o PP"

O Grupo Municipal do PP de Monforte acusa ao Goberno local de querer subir o coeficiente do IBI nun 0,60 ata o ano 2019. Tralas manifestacións da voceira do BNG, a portavoz do PP, Julia Rodríguez, recorda que foron os populares os que conseguiron que o tipo aplicable ao IBI sexa do 0,55 en 2014 e non ao 0,60, como pretendía o Goberno local. Unha baixada que foi posible grazas ás negociacións dos populares coa Interventora municipal en relación co aforro na Oficina de Rehabilitación.

Julia Rodríguez precisa que a medida articulada polo Goberno central no Real Decreto 20/2011 menciona no seu artigo 8 o seu carácter transitorio, de maneira que a subida do IBI aplícase só en 2012 e 2013 para atallar os problemas de déficit das administracións locais. "É un diñeiro que xestionan os propios Concellos e que é para eles", traslada.

Os populares consideran que o BNG e o PSOE manteñen unha estratexia "propia dun goberno bipartito na sombra que ademais funciona como coalición para cargar contra o PP". "O que pase co IBI a partir de 2013 é responsabilidade exclusiva do Goberno local de Monforte e son eles os que deberán explicarlle aos cidadáns por qué querían manter un tipo dun 0,60 cando o PP propuxo no Pleno que si as condicións así o permitían volvésese a un coeficiente do 0,45".

Julia Rodríguez lamenta que esta coletilla proposta polo PP non fose incluída no acta do Pleno, aínda que pon a disposición dos veciños de Monforte "toda a documentación que acredita o que dicimos". A popular explica ademais que o que pase a partir do 2013 co IBI "non é responsabilidade do Estado, senón dun plan de axuste do que terá que responder o alcalde e o portavoz do PSOE que foron os que aprobaron a operación de crédito que daba efecto ao plan".

Novas

Redes Sociais