Novas

Venres, 21 de marzo de 2014

O Grupo Municipal Popular estima a subvención de 30.000 euros que destina o Goberno galego á entidade para itinerarios de inserción de familias en desvantaxe

O PP valora o mérito do "traballo continuo" que desenvolve na cidade Cáritas Diocesana

A acción da entidade que financia a Xunta vai dirixida a grupos familiares fortemente marxinados e excluídos, co obxectivo de mellorar o funcionamento persoal, familiar e social

O Grupo Municipal do PP de Monforte valora o mérito do traballo continuo que Cáritas Diocesana Lugo desenvolve na cidade do Cabe. A portavoz do PP, Julia Rodríguez, destaca de xeito especial o labor da entidade para dar cobertura ás persoas que se atopan en situacións de dificultade.

Por iso, os populares estiman que o Goberno galego conceda a través da Dirección Xeral de Familia e Inclusión, tal e como se pode comprobar no DOG de hoxe, unha subvención de 30.000 euros a Cáritas Diocesana para apoiar as accións que realiza este colectivo entre familias en situación de desvantaxe de Monforte de Lemos. En concreto, a contía dedícase a itinerarios de inserción laboral.

Ver DOG

Programa de Familias en Desvantaxe

Esta acción vai dirixida a grupos familiares fortemente marxinados e excluídos, co obxectivo de mellorar o funcionamento persoal, familiar e social, establecendo estratexias que favorezan a rehabilitación e inserción. Mediante entrevistas personalizadas periódicas e visitas a domicilio establécese con cada familia un plan de traballo, o cal vaise operativizando co acompañamento, seguimento e avaliación que executa o equipo formado polo persoal contratado e os voluntarios.

Novas

Redes Sociais