Novas

Mércores, 26 de marzo de 2014

Os populares denuncian que o Concello de Monforte non poña as bandeiras a media hasta, como si fixeron os demais gobernos locais, entre eles os do BNG

O PP protesta porque o alcalde non garde o loito oficial con motivo da morte do ex presidente Suárez

Julia Rodríguez preguntará no Pleno os motivos que levaron aos nacionalistas a facer seguidismo do alcalde de San Sebastián, de Bildu

O Grupo Municipal do PP de Monforte trasladará a súa enérxica protesta ao Pleno do luns no que preguntará o motivo polo que o Concello de Monforte non gardou o loito oficial nin mantivo as bandeiras a media hasta tras o falecemento do ex presidente do Goberno, Adolfo Suárez.

Os populares mostran unha fotografía do día de onte na que pode verse que as bandeiras non se atopan a media hasta cando o loito debería manterse ata o día de hoxe.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, preguntará se esta acción se debe a unha campaña de seguidismo a outros alcaldes como o de San Sebastián, de Bildu, posto que nacionalistas como o alcalde de Pontevedra sí que respectaron a directriz a nivel nacional.

"O alcalde de Monforte aínda non manifestou se ofrece o seu beneplácito ao acordo do seu partido con Bildu para as eleccións europeas pero aquí temos un claro exemplo de que segue os seus mesmas prácticas", replica a popular. Rodríguez critica a decisión do alcalde de non respectar o loito oficial e preguntará polas causas que levaron ao equipo de Goberno a "ir por libre" mentres empapela de pancartas a Casa Consistorial.

Os populares recórdanlle o nacionalista que é o alcalde "de todos os monfortinos e no seu papel institucional e na representación que ostenta, non debería antepoñer os posicionamentos máis reaccionarios do seu partido ao sentir maioritario dos cidadáns".

Novas

Redes Sociais