Novas

Venres, 28 de xuño de 2013

Os populares centran o foco da súa acción política en mellóraa do benestar dos cidadáns

Julia Rodríguez avoga polo "traballo constante" para lograr "o mellor dos futuros" para os cidadáns de Monforte

 

A presidenta do PP local realizou estas declaracións na reunión do partido na que se constituíu o Comité Executivo Local

A presidenta do PP local, Julia Rodríguez, avoga polo "traballo constante" de todo o partido para lograr "o mellor dos futuros" para os cidadáns de Monforte. Así llo trasladou onte aos membros do novo Comité Executivo Local no acto de constitución do mesmo.

Julia Rodríguez defendeu a necesidade de alcanzar un Goberno para Monforte "forte e capacitado" para garantir a mellora do benestar de todos os cidadáns. A popular invitou ao seu equipo a "traballar unidos e cooperar para saír da crise e poder estar ao lado dos cidadáns cando máis o necesitan".

O novo comité executivo local está formado por:

Presidenta:

Julia Rodríguez

Secretario:

Francisco José Cela

Vicesecretarios:

José Manuel Puga
María Pérez
Alejandro Miranda
Ana María Díaz

Tesoureira:

Purificación Argiz

O PP de Monforte elixiu ademais aos membros que compoñerán as comisións de sanidade, cultura educación e deportes, urbanismo e infraestructuras, sector primario e medio rural, desenvolvemento económico, servizos sociais igualdade e familia e relacións cidadás. Documento

Novas

Redes Sociais