Novas

Sábado, 19 de abril de 2014

Os populares consideran que corresponde abrir unha investigación que permita coñecer as verdadeiras circunstancias en que se produciu a desaparición da oferta da empresa concesionaria a fin de depurar responsabilidades

O PP esixe que se cre unha comisión de investigación sobre a desaparición da oferta de Aqualia e os danos ocasionados polos seus incumprimentos

Julia Rodríguez esixe que alguén responda sobre a sucesión de avarías, os cortes de suministro e infraestruturas que non se poñen en funcionamento malia estar dispoñibles e sobre os incumprimentos permanentes por parte da concesionaria

O Grupo Municipal do PP de Monforte presentou unha moción para o seu debate no próximo Pleno na que piden a constitución dunha comisión informativa especial de investigación das circunstancias da desaparición da oferta presentada por Aqualia e dos motivos polos que permaneceu extraviada estando en dependencias municipais durante dez anos, así como a determinación, análise e cuantificación dos danos ocasionados ao Concello -incluídos os reiterados incumprimentos da concesionaria- derivados da súa desaparición.

Os populares precisan que existe unha obrigación de custodia de documentos públicos da que o alcalde é o último responsable. Por iso, consideran que corresponde abrir unha investigación que permita coñecer as verdadeiras circunstancias en que se produciu a desaparición da oferta da empresa Aqualia a fin de depurar responsabilidades.

O PP asegura que os sucesivos incumprimentos da empresa supuxeron:


- que os monfortinos non dispoñamos desde fai anos de infraestruturas determinantes para a cidade.
- que soportásemos perdas de auga contorna a 5.000 metros cúbicos diarios ao longo destes anos.
- que soportásemos sancións millonarias por vertidos.
- que perdésemos contenciosos por reclamación do canon de explotación impagado, cos gastos derivados.
- que soportásemos o canon de vertidos.
- e que podamos perder unha demanda millonaria por desequilibrio económico, entre outros.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, sostén que, todo iso supón, en definitiva, "un desastre económico e unha sucesión de avarías, cortes de suministro e infraestruturas que non se poñen en funcionamento malia estar dispoñibles, derivadas de incumprimentos permanentes por parte da concesionaria, das que alguén terá que responder".

O Grupo Municipal Popular considera que a desaparición da oferta vólvese de extrema gravidade á vista das consecuencias que todo isto pode ter para os monfortinos en termos económicos, non só polos investimentos que non se levaron a cabo, polos contenciosos perdidos ou que se poidan perder e polos sistemáticos incumprimentos da empresa. O contrato determinada ademais as obrigacións das partes o poder de dirección do servizo que ostenta a administración local ademais da existencia de mecanismos sancionadores e ata resolutivos do contrato por incumprimento das obrigacións da concesionaria, sen que durante estes anos o equipo de goberno fixera nada respecto diso.

Novas

Redes Sociais