Novas

Luns, 28 de abril de 2014

Os populares cualifican de "hipocresía lamentable" que o alcalde presuma de transparencia ante os cidadáns cando por detrás pide que se retire a petición de comisión

O PP apoiará a creación dunha comisión de investigación sobre Aqualia que inclúa todos os incumprimentos do contrato

O Grupo Municipal do PP apoia a creación dunha comisión sobre os lindes do polígono de O Reboredo e cuestiona que o Goberno local non se acudira para defender os intereses da cidade tamén no trámite iniciado por Sober

O Grupo Municipal do PP de Monforte apoiará esta tarde no Pleno a creación dunha comisión informativa especial de investigación das circunstancias de desaparición da oferta presentada por Aqualia e os motivos polos que permaneceu extraviada. Nela piden ademais que se inclúa a determinación, análise e cuantificación dos danos ocasionados ao Concello incluídos os incumprimentos da concesionaria, con independencia da data na que estes se producisen.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez explica que "somos nós os que propuxemos desde un inicio que se investigue o ocorrido coa concesionaria da auga e non seremos os que poñamos cortapisas ao proceso". Pola contra, os populares cualifican de "hipocresía lamentable" que o alcalde presuma publicamente de transparencia e colaboración "cando hoxe mesmo pediunos e insistiu na retirada da solicitude para que a investigación non saía adiante". Rodríguez defende a creación dunha comisión que sirva para aclarar o que pasou realmente, as consecuencias que destes feitos se derivaron para os monfortinos e quen foron os responsables. "Non entendemos que o nacionalista desacredite a comisión nos medios argumentando que non vale para nada e que a nós nos pida a súa retirada para que os monfortinos non poidan coñecer o seu nefasta xestión ao longo de todos estes anos", resume a popular.

O Grupo Municipal do PP recorda que os nacionalistas pagaron un informe á súa chegada ao Goberno, no ano 2003, no que xa se advertía do incumprimento do contrato sen que actuasen en consecuencia. "O BNG é o único responsable do despropósito que esta cidade vive co auga e cos investimentos pendentes", precisa a portavoz.

Lindes do polígono

En relación coa comisión de lindes do polígono de O Reboredo, o Grupo Municipal do PP dará o seu apoio á iniciativa rexeitando os "debates estériles" que se ten producido entre ambos os gobernos locais sobre as datas en relación con este proceso. Os populares mostran o seu conformidade co proceso á vez que cuestionan que o Goberno local non se acudira para defender os intereses dos monfortinos tamén no procedemento iniciado por Sober.

"Apreciamos o mesmo que noutras ocasións, como pasou con Aqualia ou coa perda de subvencións que non se piden. De novo o Goberno local reacciona fóra de prazo cando se trata de defender os intereses de todos os monfortinos", conclúe.

Novas

Redes Sociais