Novas

Martes, 20 de maio de 2014

O acto de peche de campaña desenvolverase ás 18:00 horas no Restaurante Don Manuel

Alberto Núñez Feijóo ofrecerá un mitin en Monforte o venres 23 de maio

Julia Rodríguez agradece o xesto do presidente do PP, tras suspender o acto previsto para o pasado luns día 12 tralo asasinato da presidenta da Deputación de León

O presidente do Partido Popular de Galicia e xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, visitará Monforte o vindeiro venres para ofrecer un mitin. O acto central dos populares na cidade do Cabe foi suspendido o pasado luns 12 de maio en sinal de duelo tras coñecerse o falecemento da presidenta da Deputación de León e presidenta do PP, Isabel Carrasco.

O Grupo Municipal do PP de Monforte agradece o xesto do presidente da Xunta con Monforte, pese a contar cunha axenda practicamente pechada desde o principio da campaña electoral.

Alberto Núñez Feijóo pronunciará un mitin ás 18:00 horas no Restaurante Don Manuel, acto no que estará acompañado polo presidente provincial do partido, José Manuel Barreiro, así como pola presidenta do PP local, Julia Rodríguez, entre outros.

Julia Rodríguez invita a todos os militantes e simpatizantes do Partido Popular, así como a toda a cidadanía, a participar no mitin para coñecer a importancia de acudir a votar nas eleccións europeas do próximo 25 de maio.

Novas

Redes Sociais