Novas

Martes, 20 de maio de 2014

Os populares rexeitan as críticas sobre a comisión de deslinde con Sober na que pretenden participar de xeito activo

O Grupo Municipal do PP lamenta que para o Goberno local haxa concelleiros de primeira e de segunda

Julia Rodríguez recorda que foron os populares os que censuraron a actitude dos nacionalistas por non acudir ao procedemento iniciado polo Concello limítrofe

O Grupo Municipal do PP lamenta que para o Goberno local a Corporación está formada por concelleiras de primeira e de segunda. Así se desprende das declaracións da portavoz do BNG, María José Veiga Buján, nas que critica que sexa un concelleiro e non a voceira do PP a que participe na comisión de deslinde iniciada por Monforte para aclarar os límites territoriais con Sober.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, sostén que o PP estará presente nesa comisión, pola que votou a favor no Pleno "e na que participará de xeito activo". Os populares rexeitan o xesto desconsiderado co concelleiro José Manuel Puga, que formará parte desa comisión, "como podería formar parte calquera outro dos concelleiros que integran o Grupo Municipal do PP en defensa dos intereses da cidade".

Desde o PP recordan ademais que foi o Grupo Municipal Popular o que censurou no último Pleno celebrado en Monforte que o Goberno local non acudise ao procedemento iniciado por Sober.

Novas

Redes Sociais