Novas

Luns, 26 de maio de 2014

O Partido Popular supera en 9 puntos aos socialistas e en 26 aos nacionalistas na cidade do Cabe

O PP de Monforte valora ser a forza máis votada na cidade "fronte a un BNG que se desangra"

Julia Rodríguez agradece a confianza dos electores, tras dous anos "nos que houbo que facer importantes esforzos"

O Grupo Municipal do PP de Monforte agradece o apoio mostrado onte nos comicios europeos polos cidadáns do Cabe e grazas ao cal os populares se lazan como a forza máis votada con 2.408 votos, fronte aos 1.772 do PSOE, os 597 de AGE ou os 589 do BNG. Así, o PP co 34,91% dos votos avantaxa en 9 puntos aos socialistas (25,69%) e en 26 aos nacionalistas (8,54%).

A portavoz do PP en Monforte, Julia Rodríguez, destaca o resultado dos populares "fronte a un BNG que se desangra". A popular considera que a nefasta xestión dos nacionalistas á fronte do Goberno local deixouse sentir nestas eleccións, como así reflicte o feito de que o BNG se sitúe como a cuarta forza política da cidade, por baixo ata dos seus anteriores compañeiros de partido, agora en AGE.

Desde o PP de Monforte agradécese de xeito especial a confianza depositada polos electores "tras dous anos nos que houbo que facer importantes esforzos". Julia Rodríguez mostra a súa moderada satisfacción e comprométese a "seguir escoitando o sentir dos cidadáns para poder avanzar na boa dirección".

Novas

Redes Sociais