Novas

Luns, 9 de xuño de 2014

O Grupo Municipal Popular foi o que propuxo que os servizos municipais sexan os que informen en relación coa lista de incumprimentos do contrato e a oferta por parte da concesionaria

O PP corrixe o portavoz socialista e asegura que estaba a favor de que un avogado coruñés traballase para a comisión informativa sobre Aqualia

Julia Rodríguez invita á portavoz do BNG a explicar aos monfortinos o interese en que este letrado interveña como experto e non como un comparecente máis

O Grupo Municipal do PP de Monforte corrixe ao portavoz socialista, quen manifestou que na reunión da comisión informativa sobre Aqualia do pasado luns tamén propuxera que os servizos municipais sexan os que informen en relación coa lista de incumprimentos do contrato e a oferta por parte da concesionaria.

Tal e como recolle a acta do encontro, elaborada e asinada polo Secretario municipal, a portavoz do BNG foi a que suxeriu a necesidade de contar co avogado Carlos Hernández para levar a cabo un relatorio ou guión, unha proposta que o PSOE saudou.

É con todo o PP quen expón que ese traballo debería recaer nos servizos municipais atendendo ao seu obxectividade. A proposta do PP é a que finalmente se aproba por unanimidade, aínda que novamente a voceira do BNG anima aos demais grupos a invitar ao avogado Carlos Hernández para que informe á comisión sobre os seus traballos en relación coa empresa concesionaria do auga.

O PP abstense na votación ao considerar que a información que manexa o letrado é limitada, posto que non consta que tivera acceso á oferta de Aqualia en ningún momento. A proposta conta con todo co respaldo do BNG e PSOE.

A popular Julia Rodríguez, invita á portavoz do BNG a explicar aos monfortinos o interese en que este letrado interveña como experto e non como un comparecente máis, considerando que malia recibir cuantiosas sumas do equipo de goberno en concepto de asesoramento en relación a este asunto, como xa desvelou o PP, a actuación do Concello non foi precisamente eficaz no que a Aqualia se refire.

Entre estes pagos figuran facturas desde o ano 2004 ata o 2013 que ascenden, nalgúns casos, a máis de 7.700 euros en concepto de asesoramento xurídico, a maiores do pago mensual de 646 euros que recibía o letrado ou os custos por desprazarse a Monforte en diversas ocasións.

Novas

Redes Sociais