Novas

Mércores, 9 de xullo de 2014

O Grupo Municipal do PP eleva de novo esta petición ao Pleno tras comprobar que estas actuacións en zona urbana lle corresponden ao Concello de conformidade co establecido no Plan Hidrolóxico Nacional, un dato que ademais ratificou o luns o presidente da CHMS

O PP reclama que o Goberno local limpe a muralla, a ponte vella e a lagoa do Parque dous Condes, como fixan as súas competencias

Julia Rodríguez denuncia o "deixamento absoluto" do alcalde en relación coa limpeza dos arroios en zona urbana cando figura entre as obrigacións do Concello

O Grupo Municipal do PP de Monforte presentou unha moción para o seu debate no próximo Pleno na que insta ao equipo de Goberno a que previo informe ou licenza que corresponda da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, de ser o caso, se adopten as medidas necesarias para proceder á limpeza a ponte vella e a muralla. Os populares demandan que se elimine a maleza que crece entre os seus sillares para devolverlle o aspecto de limpeza e o mínimo mantemento que corresponde a monumentos desta natureza requirindo para iso á empresa FFC o cumprimento do contrato que a obriga a sanear e eliminar as especies vexetais invasoras en ambos casos.

O PP pide ademais que se adopten as medidas necesarias para que se proceda á retirada dos restos de vexetación que se acumulan nas bases da ponte vella. Tamén solicitan que o Goberno local baleire e limpe a lagoa do Parque dous Condes e que, unha vez chea, procédase á posta en funcionamento da fonte que hai no seu interior.

O Grupo Municipal do PP insiste nesta petición, que xa trasladou ao Pleno noutras ocasións, tras comprobar que as actuacións de protección das canles públicas en zona urbana correspóndenlle ao Concello de conformidade co establecido no Plan Hidrolóxico Nacional. Este aspecto foi ademais confirmado -logo de presentar esta moción- polo presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil na reunión do pasado luns en Ourense na que participou o alcalde e os portavoces municipais de Monforte. Francisco Marín asegurou que se trata de competencias do Concello por atoparse no termo municipal.

Á vista destes datos, Julia Rodríguez denuncia o "total deixamento" do alcalde en relación coa limpeza dos arroios en zona urbana, unha actuación que se negou a acometer ao longo dos anos "cando realmente sí era da súa competencia, como ocorre coa limpeza da ponte, da muralla e da lagoa".

Un estado lamentable

O Grupo Municipal Popular advirte do estado "lamentable" no que se atopa a ponte cos seus sillares parcialmente tapizados de zarzas e outras plantas que florecen entre as súas ranuras. Julia Rodríguez sinala que ambos monumentos necesitan unha limpeza urxente, polo que esixe ao Goberno municipal que requira á empresa concesionaria do servizo de recolleita de lixo, FCC, a acometer este traballo por atoparse entre as súas obrigacións "a prestación do labor de saneamento de especies vexetais invasoras nos monumentos públicos de referencia do Concello".

Os populares advirten ademais do estado da lagoa do Parque dous Condes, posto que nos últimos anos a limpeza non se está abordando debidamente, o que ocasiona o acumulo de lodos e materia orgánica que debe ser periodicamente retirada para evitar problemas de malos cheiros ou a mortandade dos peixes.

Novas

Redes Sociais