Novas

Xoves, 10 de xullo de 2014

O Grupo Municipal do PP considera que en situacións como a vivida hoxe en Ribasaltas "todos os medios son necesarios na loita contra o lume"

O PP lamenta a irresponsabilidade do alcalde ao non solicitar as axudas para dotarse de brigadas municipais contra incendios  

Os populares lamentan os danos que o lume poida ocasionar

O Grupo Municipal do PP de Monforte censura a irresponsabilidade do alcalde ao non solicitar as axudas para dotarse de brigadas municipais contra incendios, ao considerar que serían de enorme utilidade ante situacións como as que a estas horas vive Ribasaltas, onde nas últimas horas declarouse un importante lume.

O PP recorda que o Goberno local decidiu non adscribirse ás axudas da Xunta para dotarse de brigadas municipais contra incendios e das xa dispoñen 58 concellos da provincia para este verán. Tampouco pediron a subvención que o Goberno galego ofrecía para cubrir os gastos de funcionamento dos vehículos motobomba.

"En situacións como esta todos os medios son necesarios na loita contra o lume, polo que consideramos inxustificable que o Concello de Monforte non demandara estas axudas", replica a portavoz do PP, Julia Rodríguez.

Os populares lamentan os danos que o lume poida ocasionar aos veciños de Ribasaltas e ás súas propiedades. A portavoz do PP desprazouse esta mesma tarde ata a zona para coñecer de primeira man a situación. Tamén puido comprobar que lume estaba sendo controlado.

Novas

Redes Sociais