Novas

Domingo, 13 de xullo de 2014

O Grupo Municipal Popular responde así ás graves acusacións de manipulación vertidas polo alcalde, a quen responsabiliza de non custodiar os documentos públicos

O PP solicitará por escrito que os medios gráficos poidan fotografar a oferta de Aqualia

Julia Rodríguez lamenta que o equipo de Goberno queira ocultar a información aos monfortinos, xa que non se pode entender que se extraviaran máis de 2.000 folios durante dez anos

O Grupo Municipal do PP de Monforte solicitará por escrito que a oferta de Aqualia estea a disposición dos medios gráficos na próxima sesión que o Concello convoque no marco da comisión de información sobre a concesionaria da auga, prevista para o luns 21 de xullo. Así o decidiu o PP logo das graves acusacións de manipulación vertidas polo alcalde, a quen os populares responsabilizan de non custodiar o documento público, tal e como figura nas súas obrigacións.

O PP solicitará o luns que a oferta ao completo estea á vista, para que sexan os monfortinos os que poidan valorar si as dimensións son tan pequenas e están tan mal identificadas como para que se extraviase durante dez anos para volver aparecer de xeito misterioso.

Ao mesmo tempo, a portavoz do PP, Julia Rodríguez, anuncia que pedirá que poidan ver tamén o Plan Director de abastecemento e saneamento, o inventario de redes de abastecemento e os planos xerais da rede, documentos cuxa existencia os nacionalistas negaron ata a data. "Din que non había plan director e agora aparece con data de 2004", explica a popular.

Julia Rodríguez recórdalle ao alcalde que el é o responsable da xestión do contrato e a el a quen se lle pedirán responsabilidades, "por se non se deu de conta". "Vostede é o alcalde e polo tanto o responsable de todo canto pase neste Concello", precisa a portavoz.

Ambos grupos solicitan este informe considerando que na próxima sesión plenaria vanse a debater senllas iniciativas de PP e PSOE en relación á prórroga do orzamento municipal 2013 e ás súas bases de execución no que corresponde aos trámites necesarios para a aprobación polo Pleno das subvencións e transferencias correntes 2014 na medida en que non foron obxecto da mencionada prórroga.

Novas

Redes Sociais