Novas

Martes, 15 de xullo de 2014

O Grupo Municipal Popular non entende a urxencia de convocar un Pleno extraordinario dez días despois da sesión anterior cando aínda non se dispón da documentación que a oposición lle solicitou aos técnicos

O PP esixe dispoñer dos informes solicitados ao Concello antes da comisión de mañá

Julia Rodríguez advirte de que Intervención se pronunciou sobre un feito puntual pero non sobre todas as posibilidades legais que poden existir para aprobar as subvencións e transferencias correntes de 2014

O Grupo Municipal do PP de Monforte esixe poder dispoñer dos informes solicitados polos grupos da oposición a Intervención e Secretaría do Concello antes da comisión de mañá na que se abordará a celebración dun Pleno extraordinario convocado polo alcalde para volver someter a aprobación os Orzamentos de 2014.

Os populares non entenden a urxencia de convocar un Pleno extraordinario con dez días de diferenza da sesión anterior na que só se avanza unha mera modificación das contas e cando aínda non se dispón dos informes solicitados por PP e PSOE aos técnicos.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, sostén que Intervención emitiu un informe con data de 10 de xullo no que se pronuncia sobre un feito puntual, os remanentes do Goberno local, pero non sobre todas as posibilidades legais que poden existir para aprobar as subvencións e transferencias correntes de 2014, unha información que os populares esperan ter antes da comisión de mañá.

"O alcalde ofrece información sesgada ao seu antollo, pero non pode dicirlle aos cidadáns que con ese informe na man ten a razón, cando o documento só fala do superávit e non fai referencia a outros mecanismos legais que poidan existir para poder aprobar as axudas. Tardou sete meses en levar os Orzamentos ao Pleno polo que agora debe ter o respecto necesario coa oposición á espera de que emitan os informes solicitados".

Novas

Redes Sociais