Novas

Venres, 18 de xullo de 2014

O Grupo Municipal Popular levará unha moción ao Pleno para que as asociacións e entidades deportivas da cidade poidan recibir as axudas canto antes

O PP considera probado que depende da vontade política do alcalde aprobar ou non as subvencións e transferencias correntes de 2014

Julia Rodríguez sostén que o Goberno local "mentiu a propósito a todos os monfortinos", polo que lle esixe ao alcalde que pida desculpas públicamente

O Grupo Municipal do PP de Monforte considera probado que depende "unicamente" da vontade política do alcalde aprobar ou non as subvencións e transferencias correntes de 2014. Así o creen logo de ter acceso ao informe elaborado polos técnicos municipais no que se recollen os mecanismos e as posibilidades legais que existen para aprobar as subvencións e transferencias correntes de 2014.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, explica que o Goberno local "mentiu a propósito a todos os monfortinos cando existen recursos e mecanismos para aprobar esas partidas", como así defendeu a oposición, polo que esixen ao rexedor que pida desculpas publicamente e aprobe esas axudas "canto antes". "Sentimos profundamente que utilice ás asociacións de Monforte como reféns para presionar á oposición cunha postura que agora se demostra unha fraude", precisa.

Moción para o próximo Pleno

Así as cousas, o PP non aprobará uns Orzamentos que considera "lesivos" para a cidade e que implican asumir unha nova operación de crédito de 300.000 euros, tal e como propón o Goberno local. O Grupo Municipal do PP levará unha moción ao próximo Pleno para que vistas as posibilidades legais e orzamentarias existentes se inclúa no capítulo IV de gastos as partidas necesarias para atender as axudas e subvencións a familias e institucións sen ánimo de lucro incluídas na proposta do Orzamento de 2014. O PP propón a maiores que se modifique a contía destinada ao mantemento do Museo Arte Sacro para que alcance os 6.000 euros.

Tralo estudo do informe municipal (do que se achega a páxina final) o PP indica que leva moito tempo advertindo da necesidade de tomar as medidas que propón Intervención, como a de regularizar contratos e reducir gastos. "Estas medidas que ata temos levado ao Pleno cubrirían agora as necesidades de financiamento para estas subvencións", conclúe a portavoz.

Novas

Redes Sociais