Novas

Xoves, 11 de xullo de 2013

Os populares consideran que a baixa debería ser temporal para poder recuperar o espazo do Cabe "cando as condicións o permitan"

O PP critica a decisión do Concello de pedir que se exclúa a zona de baño de Ribasaltas de xeito definitivo

O Grupo Municipal do PP demándalle ao alcalde que acondicione a praia fluvial para que exista un espazo libre para o uso e goce dos monfortinos

A portavoz do Grupo Municipal do PP de Monforte, Julia Rodríguez, critica a decisión do Concello de solicitar á Consellería de Sanidade que se exclúa de xeito definitivo a zona de baño de Ribasaltas. Os populares botan de menos a existencia dunha praia fluvial ou un espazo público que permita aos monfortinos bañarse de forma libre no río.

O Grupo Municipal do PP afirma que na área recreativa de Ribasaltas existe oficialmente unha zona de baño que, para estar operativa, debe reunir unha serie de requisitos que actualmente non cumpre. O Concello pediu que se exclúa esta praia fluvial do censo de zonas de baño da provincia, unha decisión que os populares consideran "un erro", posto que podía ser solicitada de forma temporal e non definitiva.

"É posible que existan problemas de salubridad relacionados coa existencia de fosas sépticas ou derivada das obras na vía de altas prestaciones, pero son deficiencias que poden ser emendadas e corrixidas sen a necesidade de que se pida a baixa definitiva desta zona de baño", explica a portavoz do PP.

O Grupo Municipal do PP precisa que o acondicionamiento dunha zona de baño "constitúe unha demanda de todos e todas os monfortinos", polo que consideran "imperdonable" que nunha cidade cruzada por un río "non se leven a cabo todas as actuacións necesarias para conseguir un espazo de baño libre para os cidadáns".

"A solicitude do Concello pode dar lugar a unha exclusión definitiva das zonas de baño de Galicia e iso sería un erro", expón Julia Rodríguez.

A Pinguela Voleibol

Os populares lamentan a decisión da Xunta Directiva da Pinguela de renunciar á superliga feminina de voleibol logo de 25 anos colleitando "traballo e éxitos" e de levar o nome de Monforte e da Ribeira Sacra por toda España. O Grupo Municipal do PP de Monforte recoñece o mérito e o empeño do equipo e, tanto si a decisión é firme coma se existe a posibilidade de reconsiderala, ofrece "todo o apoio que necesiten e estea na nosa man, así como todo o noso ánimo para que sigan realizando un importante traballo no mundo do deporte".

Novas

Redes Sociais