Novas

Venres, 5 de setembro de 2014

O Grupo Municipal do PP descobre que os contedores que instalou a concesionaria teñen unha capacidade de 2.500 litros, cando terían que ser de 3.000 litros

O PP denuncia que o Goberno local permite a FCC unha recolleita selectiva de 153.500 litros menos do que fixa o contrato

Julia Rodríguez critica ademais que a portavoz do BNG presuma de que a empresa gastou 52.000 euros máis cando o volume que pode recoller é inferior ao ofertado

A portavoz do PP de Monforte, Julia Rodríguez, anuncia que o seu partido propoñerá que as asociacións, clubs deportivos e todos aqueles colectivos que se viron prexudicados pola nefasta xestión do Goberno local reciban as axudas das dúas anualidades, 2014 e 2015, unha vez que o Concello aprobe os Orzamentos en xaneiro. O PP toma esta medida despois de que o alcalde se negara a atender a proposta dos populares con medidas concretas para pagar as subvencións e trala negativa dos nacionalistas a consultar co Ministerio de Facenda as opcións do remanente de tesourería.

Os populares aseguran que ao Goberno local cáeselle o argumento de que non se embelecen os contedores por destinar máis recursos a uns máis eficientes, xa que os informes deixan á vista que a cantidade de litros que pode recollerse é moito menor que a comprometida na oferta da concesionaria.

O Grupo Municipal do PP solicitará copia do informe que fixo público onte a portavoz do BNG segundo o cal xustificaba un gasto de 52.000 euros máis para contratar máis contedores cando presumiblemente a cantidade coincide coa que aparece recollida no contrato, pero dunha capacidade inferior.

A portavoz do PP recordou no Pleno que se trata dun contrato moi custoso como demostra o feito de que o que se recada en dous meses non chega nin para pagarlle á empresa un mes. Os populares rexeitan que a empresa faga mellora algunha sobre o contrato, xa que o número de contedores estaría dentro do esixido, non se realizou o embelecemento comprometido e ademais son de capacidade inferior, 500 litros menos cada un.

A popular opúxose unha vez máis á permisividade que o Goberno local mantén con esta empresa, como no seu día fixo con Aqualia, ao entender que son numerosos os incumprimentos nos que incorreu, entre eles, a falta de pago de aluguer da nave, a falta de instalación de sanecans ou a redución da frecuencia da recolleita nas parroquias, entre outros.

"Pediremos que se inclúa a dotación necesaria nos Orzamentos de 2015 para atender as dúas anualidades, a de 2014 e 2015, e que unha vez se aproben se saque a convocatoria para que os interesados poidan recibilas canto antes", expón a portavoz.

Novas

Redes Sociais