Novas

Luns, 29 de setembro de 2014

Os populares consideran que transcorreu sobradamente o prazo establecido para que os grupos se reúnan de novo

O PP pide por escrito que se retome a comisión informativa sobre Aqualia

Julia Rodríguez lamenta a falta de disposición do alcalde e o seu nulo interese para poder coñecer ao detalles os incumprimentos da adxudicataria ao longo destes anos

O Grupo Municipal do PP de Monforte decidiu solicitar por escrito que o Goberno local retome a comisión informativa sobre Aqualia coa convocatoria dunha nova reunión. Desde o PP aclárase que xa transcorreu o período de vacacións acordado no seo da comisión polos grupos que forman parte da Corporación, como tamén pasou sobradamente o prazo establecido para a celebración das sesións logo de pospoñer a que tería que terse producido o 4 de setembro.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, lamenta a falta de disposición do alcalde e o seu nulo interese para poder coñecer ao detalle os incumprimentos da empresa adxudicataria aos longo destes anos. "E é a el a quen lle corresponde convocalas na súa condición de presidente", precisa a portavoz.

É por iso, polo que o Grupo Municipal do PP, solicita que a actividade da comisión "se recupere" canto antes para poder darlle continuidade e empezar coas comparecencias pendentes. En concreto, os populares piden que a reunión se celebre o luns día 6 ás sete da tarde.

Comparecencias

O PP propuxo que a partir do mes de setembro comparezan na comisión informativa sobre a concesionaria da auga o anterior alcalde e o actual, Nazario Pin e Severino Rodríguez. Tamén pediron que interveña o secretario Xullo González, a interventora Mónica Legaspi, a arquiveira Elisa Fernández, a actual tenente de alcalde María Xosé Veiga, o concelleiro José Luís Rodríguez Rivera, o anterior xefe de servizo de Aqualia Juan José Andrés, o actual, Pedro Manuel López, o avogado da Coruña Carlos Hernández, así como os secretarios e interventores do Concello entre 2001 e 2013.

A esta relación do PP sumouse ademais a comparecencia do técnico de servizos.

Novas

Redes Sociais