Novas

Martes, 7 de outubro de 2014

A portavoz do PP considera que se trata dunha actuación "de gran relevancia" para a cidade e un compromiso irrenunciable do Goberno de Rajoy

Julia Rodríguez asegura que o millón de euros de investimento dos PGE para o paseo do río incrementarán os espazos verdes e influirán positivamente no modo de vida dos veciños

Os populares lamentan que o alcalde anuncie un plan de actuacións mentres segue adiante coa súa proposta para endebedarse coa formalización dun novo crédito

A portavoz do PP de Monforte, Julia Rodríguez, asegura que o millón de euros que o Ministerio de Medio Ambiente destina a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil á obra do paseo do río "cambiará a configuración da cidade que dispoñerá de máis zonas verdes para o ocio" á vez que "mellorará a calidade de vida dos monfortinos e aportará máis espazos atractivos para os visitantes". É por iso que os populares valoran o compromiso do Goberno de Rajoy con esta actuación que aparece reflectida nos PGE e que nas anualidades 2014-2015 suma 2,8 millóns de euros.

Julia Rodríguez valora a obra do río como unha actuación de gran relevancia para a cidade e compromiso irrenunciable do Goberno que preside Mariano Rajoy. "Todos os investimentos son importantes pero consideramos que esta é especialmente relevante polo cambio de fisionomía que supón para a cidade e polas novas posibilidades que ofrece para os cidadáns e tamén de cara a atraer turismo a Monforte", precisa.

"Lamentamos que ao analizar os PGE non se valore esta importante achega que está facendo o Ministerio de Medio Ambiente a través da Confederación Hidrográfica e que aparece reflectida nos Orzamentos, aínda que non desglosada, porque estamos ante unha obra que terá unha gran importancia para a configuración da cidade e para a calidade de vida dos veciños", sostén a popular.

A popular destaca outras partidas recolleitas nos Orzamentos Xerais do Estado que, aínda que non aparecen desglosadas, poderán verse materializadas, como o montante destinado á limpeza de ríos.

Precampaña do alcalde

Por outra banda, a portavoz do PP lamenta que o alcalde anunciase esta semana un plan de actuacións na cidade "que non é senón a antesala da campaña electoral" mentres segue adiante cos seus plans para formalizar unha nova operación de crédito, tal e como propuxo nos Orzamentos de 2014. "Non había diñeiro para as familias, as asociacións nin os clubs pero agora saca da manga un plan de investimentos sen aclarar si ten previsto seguir endebedando ao Concello".

"Levamos todo o ano escoitando que non dispón de diñeiro para acometer actuacións que lle pedimos desde a oposición e os propios veciños en moitos casos, pero agora demóstrase que non acometeu esas obras porque non tivo a vontade política de facelo. Existen múltiples acordos plenarios que non cumpriu coa escusa de que non dispón de recursos para cumprilos e agora aparece o diñeiro que destina ao que el considera sen consultar coa oposición cales son as prioridades para a cidade", conclúe.

Novas

Redes Sociais