Novas

Xoves, 9 de outubro de 2014

A portavoz do PP mantivo onte unha reunión coa delegada territorial da Xunta en Lugo na que se interesou tamén pola cesión ao Concello do edificio de Expolemos, entre outros asuntos

A Xunta abrirá este mes o acceso a O Fabeiro desde a estrada LU-546

O Grupo Municipal do PP valora a colaboración dos veciños e veciñas para acometer unha obra "tan importante" para os monfortinos

A portavoz do PP de Monforte, Julia Rodríguez, mantivo na xornada de onte unha reunión coa delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, quen lle confirmou que o Goberno galego prevé abrir este mes o acceso á parroquia de O Fabeiro desde a estrada LU-546. A estrada permanece pechada desde este verán como consecuencia das obras da rotonda da vía de altas prestacións.

Julia Rodríguez agradece a colaboración dos veciños e veciñas para acometer unha obra "tan importante" para todos os monfortinos, especialmente para os veciños e veciñas de O Fabeiro, que "pronto estará finalizada". Lamenta ademais as molestias -inevitables polas características da actuación- que os residentes na zona tiveron que soportar ao longo destes meses.

Outros temas

A portavoz do Grupo Municipal do PP de Monforte interesouse ademais pola cesión ao Concello do edificio Expolemos, unha acción que, segundo a delegada territorial, poderá materializarse en breve. Julia Rodríguez e Raquel Arias abordaron outros temas de interese para a cidade do Cabe, como a oficialización do Camiño de Inverno ou as axudas en curso dos diferentes departamentos da Xunta das que pode beneficiarse o Goberno local.

Novas

Redes Sociais