Novas

Xoves, 16 de outubro de 2014

O Grupo Municipal do PP presentou unha moción na que evidencian o mal estado do firme, que se agrava en puntos nos que existen grandes fochas que dificultan o tránsito de vehículos e peóns

O PP esixe que se acondicione e mellore o asfaltado da Rúa Santa Clara de xeito urxente

Julia Rodríguez considera que o acabado debe ser liso e non empedrado, para facilitar o tránsito das persoas maiores ou con discapacidades físicas

O Grupo Municipal do PP presentou unha moción para o seu debate no próximo Pleno na que solicitan que, incluídas as dotacións orzamentos necesarias, se acondicione e mellore o asfaltado da Rúa San Clara de xeito urxente, co propósito de deixalo en condicións óptimas e cun acabado liso, non empedrado.

Os populares explican na iniciativa que recibiron numerosas queixas de veciños e usuarios polo mal estado que presenta o firme e que se agrava nalgúns puntos con grandes fochas que dificultan o tránsito de vehículos e peóns.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, recorda que o firme foi acondicionado polos veciños fai máis de cincuenta anos e desde entón non consta actuación algunha na vía, a excepción do empedrado colocado nas inmediacións das Clarisas. Permanece tal e como foi executado no seu día cun empedrado e unha capa de cemento que foi sufrindo o desgaste propio do uso e o paso do tempo, ata o punto de que o empedrado é parcialmente visible en case toda a rúa.

Ademais, nos últimos meses o desgaste que sofre a rúa polas inclemencias do tempo, o uso e a falta de mantemento deu lugar á aparición de importantes fochas que a fan impracticables nalgúns puntos.

O Grupo Municipal do PP presentou un rogo en xaneiro de 2014 para que se reparasen as fochas. O Goberno local atendeu esta petición parcialmente reparando un dos buracos na praza Custeiro pero rapidamente volveron aparecer. Tampouco se actuou sobre o resto da rúa.

Atendendo ás peticións dos veciños o PP demanda ademais que o firme se faga cun acabado liso, non empedrado, para facilitar o tránsito de persoas de avanzada idade ou con discapacidades físicas.

Novas

Redes Sociais