Novas

Mércores, 29 de outubro de 2014

O Grupo Municipal Popular puido saber que xa se tomou algunha declaración no marco das dilixencias previas abertas en relación co pago por parte do Concello dun procedemento que afecta ao ámbito privado do ex concelleiro

O PP reclama información ao alcalde sobre as citacións do Xulgado de Monforte en relación co caso Pavón

Os populares queren saber se o Concello recibiu algún requirimento relacionado coas dilixencias abertas a raíz da denuncia dun particular

O Grupo Municipal do PP de Monforte preguntará no Pleno de mañá polas dilixencias de investigación que está levando a cabo o Xulgado de Monforte en relación ao pago indebido de honorarios de avogado e procurador ao ex concelleiro Pavón nun procedemento xudicial relacionado con intereses particulares a raíz da denuncia dun particular.

Os populares puideron saber que xa se tomou algunha declaración no marco das dilixencias previas 826/2014, polo que formularán as seguintes preguntas ao rexedor:

- Se o Concello recibiu algunha citación para que presten declaración técnicos, concelleiras ou o propio alcalde no marco desas dilixencias
- De ser así, a que persoas se citaba
- Se algunha prestou xa declaración
- Qué outros oficios para a remisión de documentación ou práctica de probas se recibiron e se xa foron cumprimentados

Os populares sosteñen que no caso do Señor Pavón a denuncia non derivaba da súa actuación como concelleiro, senón dunha presunta actuación irregular na súa esfera privada por un delito contra a ordenación do territorio relacionado coa súa vivenda particular, polo que os gastos derivados da súa asistencia legal e representación procesual deberían ser soportados por el mesmo e nunca con cargo a fondos públicos.

Novas

Redes Sociais