Novas

Sábado, 15 de novembro de 2014

O Grupo Municipal do PP sostén que os compromisos do contrato afectan á súa duración total, polo que "é hora de que os nacionalistas" esixan o seu cumprimento

Julia Rodríguez: "O único que leva calado once anos ante os incumprimentos de Aqualia é o BNG"

Os populares pregúntanse se existe algún acordo entre o actual Goberno local e a concesionaria para non acometer as actuacións pendentes

O Grupo Municipal do PP de Monforte rebate as acusacións da portavoz nacionalista e asegura que "o único que leva calado once anos ante os incumprimentos de Aqualia é o BNG". Os populares mostran a súa sorpresa porque os nacionalistas responsabilicen agora ao anterior alcalde cando son eles os que levan tres mandatos no Goberno local e saben que os compromisos que establece o contrato afectan á súa duración total.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, considera que si o BNG cuantifica en 4 millóns de euros o que a concesionaria debe aos monfortinos "é hora de que os nacionalistas esixan o seu cumprimento".

O Grupo Municipal do PP recorda que o equipo de Goberno coñece desde o ano 2004 todo o traballo pendente de executar por parte de Aqualia, tal e como consta no informe técnico que o alcalde pagou ese mesmo ano á empresa de avogados da Coruña Antas & Hernández. "Desde que chegaron fai once anos ata a data han ter tempo para cuantificar o que Aqualia non investiu en Monforte, pese a figurar no seu contrato. E tamén tiveron tempo para obrigala a cumprir cos seus compromisos sen que o fixeran", replica a popular.

A actitude do Goberno local ao longo destes anos, a perda da oferta e a irresponsabilidade que manifestaron fan que o PP se pregunte se existe algún acordo entre os nacionalistas e a concesionaria que a exima de facer fronte ás súas obrigacións. "De ser así, estariamos ante a gran farsa do alcalde que todos os monfortinos deberían coñecer", expón Rodríguez.

A portavoz do PP non entende que o BNG culpase a Nazario Pin dos vertidos no ano 2011 e que volva facelo en 2014 "cando son eles os que levan once anos gobernando a cidade". "Hai que ser moi consciente do propio desgoberno para pretender xustificarse criticando a un alcalde que deixou de selo fai xa tres mandatos", conclúe.

Novas

Redes Sociais