Novas

Mércores, 10 de decembro de 2014

A portavoz do PP considera que o alcalde debe explicar en qué punto están as negociacións coas firmas interesadas en asumir a cesión das instalacións

Julia Rodríguez mostra a súa preocupación pola situación que atravesan traballadores e usuarios da piscina municipal

O Grupo Municipal do PP manterá unha reunión cos afectados para coñecer de primeira man a información que manexan

A portavoz do PP de Monforte, Julia Rodríguez, mostra a súa preocupación pola situación que atravesan traballadores e usuarios da piscina municipal logo de coñecer a través dos medios de comunicación que prevén iniciar unha folga indefinida a partir do venres.

O Grupo Municipal do PP considera que o alcalde debe explicar en que punto se atopan as negociacións coas firmas que mostraron o seu interese en facerse cargo das instalacións, previa cesión que debe ser autorizada polo administrador concursal.

"Deixamos que o alcalde fixese as súas xestións, tal e como nos pediu, pero creemos que o tempo fixado terminou e é hora de tomar as decisións que correspondan para que os traballadores poidan manter os seus postos e os cidadáns sigan contando co servizo", explica Rodríguez.

Desde o PP indican que a pechadura da piscina "suporá un importante prexuízo para toda a cidade", polo que creen que o Goberno local ten que coller as rendas da situación e darlle unha solución.

A portavoz do PP contactará hoxe mesmo cos traballadores afectados para manter unha reunión con eles e coñecer de primeira man a información que manexan e cales son as súas previsións con respecto á folga.

Novas

Redes Sociais