Novas

Venres, 19 de xullo de 2013

O Grupo Municipal do PP presentou unha moción para o próximo Pleno na que piden que se adopten as medidas necesarias de limpeza e roce da maleza existente nos viais das parroquias, particularmente, nas inmediacións das zonas habitadas

O PP exixe ao Goberno local que cumpra a súa función de policía e faga cumprir a ordenanza sobre protección medioambiental

Julia Rodríguez sostén que a falta de limpeza en solares urbanos, rurales e en pistas municipais representa un alto risco de incendio, sobre todo en época estival

O Grupo Municipal do PP de Monforte presentou unha moción para o seu debate no próximo Pleno na que exixen ao Goberno local que cumpra a súa función de policía e faga cumprir a ordenanza vixente no Concello sobre protección medioambiental. Os populares piden ademais que o Goberno local adopte as medidas necesarias de limpeza e roce da maleza existente nos viales das parroquias, particularmente, nas inmediacións das zonas habitadas.

Desde o PP recordan que en xullo de 2012 presentaron a Pleno unha moción na que se puña de manifesto a existencia de numerosos solares no casco urbano de Monforte que se atopaban en situación insalubre e de risco de incendio por falta de limpeza, o que derivou en numerosas queixas e reclamaciones dos veciños.

Novamente, son numerosas as queixas recibidas por parte dos veciños da zona urbana, pero tamén das parroquias, xa que nas inmediacións das súas vivendas existen solares con maleza, residuos ou desperdicios que contraveñen o establecido na ordenanza de protección medioambiental. En concreto, existen propietarios de solares e terreos sen edificar que non cumpren coa súa obriga de mantelos limpos e en condicións de seguridade, salubridade e ornato público.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, explica que a Ordenanza "non só impón a obriga de manter limpos os solares e terreos sen edificar en chan urbano, senón tamén a de conservar e manter o chan natural e a masa vexetal nas condicións precisas para evitar a erosión e os incendios nos terreos en chan rústico".

Ademais a ordenanza recolle que o Concello pode asumir subsidiariamente as obrigas do propietario, accedendo aos solares se fose necesario por motivo de interese público, sen prexuízo das repercusións de custos procedentes. Desde o PP consideran que o cumprimento da ordenanza debe ser continuado pero "é evidente que na época estival as molestias e riscos que representan os solares con maleza, residuos ou desperdicios increméntanse de forma notable, o que, unido ás altas temperaturas, incrementa o risco de incendios".

Unha advertencia que o PP sinala tamén no caso de moitas pistas municipais das parroquias na que a falta de limpeza representa un alto risco de incendio en época estival.

Novas

Redes Sociais