Novas

Martes, 13 de xaneiro de 2015

A portavoz do PP censura que o rexedor "teña o aplomo" de dicir que será unha tarefa pendente para o próximo alcalde

Julia Rodríguez pregúntase por qué en tantos anos de goberno o BNG non fixo nada para que se cumprise o contrato da auga

Os populares valoran que a Interventora responsable cando se materializou o contrato afirme que o uso e destino do canon inicial foi legal e correcto

A portavoz do PP de Monforte, Julia Rodríguez, pregúntase por qué en tantos anos de goberno o BNG non fixo nada para que se cumprise o contrato da auga nin instou á empresa adxudicataria a responder das súas obrigacións, tal e como fixa a concesión.

O PP critica que os nacionalistas pagasen no seu día os honorarios dun avogado para analizar o contrato e agora digan que non sabían cales eran as obrigacións da concesionaria nin as súas propias. "Levamos once anos sen que o Concello faga nada para dar cumprimento a este contrato", lamenta Rodríguez.

Julia Rodríguez acusa ao Goberno local de incompetencia e falta de dilixencia por non facer nada para que se cumprisen as obrigacións que recollía o contrato e que ademais coñecían. "E agora lávanse as mans e o alcalde ten en aplomo de manifestar a través dun medio de comunicación que será unha tarefa pendente para o próximo rexedor", censura a portavoz.

O Grupo Municipal do PP valora que a Interventora responsable no momento no que se materializou o contrato con Aqualia explicase onte na comisión informativa que as bases non contiñan erros nin irregularidades e que asegurase ademais que era beneficioso para o Concello. Legaspi indicou ademais que o uso do canon inicial depositado pola concesionaria de 262 millóns de pesetas (máis de 1,5 millóns de euros) foi legal e correcto. O contrato recolle que esa cantidade debe ser utilizada para realizar melloras no servizo e nas infraestruturas mentres este permaneza vixente.

En relación coa perda da oferta, a Interventora expuxo que "non se perde se alguén se quere que se perda". Mera, o outro dos interventores declarantes, asegurou que non a buscou porque lle indicaron que non estaba no Concello e afirmou que nunca utilizara tampouco o contrato.

Novas

Redes Sociais