Novas

Venres, 16 de xaneiro de 2015

O PP pide unha xunta de voceiros para tratar o problema da piscina municipal

Declaracións de Julia Rodríguez:

"Estamos sendo colaboradores e queremos que se atopen solucións e como xa dixemos non imos facer uso desta cuestión, pero a finais do ano pasado pedimos unha xunta de voceiros e o alcalde dixo que esperaramos, que non era prudente. Dixo que o día sete de xaneiro se nos daría conta nunha xunta que tiñamos polos mercados, pero non participou nesa xunta, nin o día 12 na comisión.

A estas alturas imos pedir definitivamente a xunta de voceiros porque nos parece que son moitos os aprazamentos, son moitas as explicacións vagas que se nos están a dar, cremos que os empregados e usuarios non poden seguir nesta situación de estar convocando folgas e desconvoncando. É a terceira vez que pasa e queremos respostas. Queremos saber se existe ou non existe unha empresa interesada na cesión, se se vai resolver o contrato ou non se o Concello vai ter que pagar algo. Que se nos clarifique en qué situación se está e cal vai ser o futuro polo menos destas xestións que se están facendo agora mesmo por parte do alcalde".

Novas

Redes Sociais