Novas

Luns, 26 de xaneiro de 2015

A concesionaria está obrigada a colocar 9 cubos na urbanización de Caixa Galicia, no número 145, entre os bloques 1 ao 4

O PP pide que o Concello requira a FCC para que a Rúa Chantada dispoña dos cubos estipulados no contrato

Os populares trasladan esta petición ao Goberno local tras recibir numerosas queixas dos residentes na zona

O Grupo Municipal do PP de Monforte dará a coñecer un rogo no Pleno desta tarde no que demandan que o Goberno local dirixa requirimento á empresa concesionaria da recolleita do lixo, FCC, para que coloque nas inmediacións da urbanización de Caixa Galicia, nº 145 bloques 1 a 4, 9 cubos para o depósito dos residuos, tal e como recolle o contrato.

O Grupo Municipal do PP afirma recibir numerosas queixas dos veciños da Rúa Chantada, concretamente, dos residentes nos bloques de edificios da urbanización Caixa Galicia en relación á ausencia de cubos para a recolleita de lixo nas inmediacións das súas vivendas.

Tal e como recolle a relación de rúas e cubos a colocar no contrato formalizado con FCC, a concesionaria está obrigada a colocar nas inmediacións do número 145, portal 1 ao 4, un total de nove cubos para dar resposta ás necesidades dos 65 veciños que alí residen.

Os populares explican que moitos destes veciños son persoas maiores que se ven na dificultade de ter que cruzar a estrada alén da Rúa Chantada en dirección a Rolda María Emilia Casas Baamonde, ou ben en dirección á estrada dá Vide onde se sitúa un contedor verde.

Tralas denuncias dos veciños os populares comprobaron que non existe cubo algún nas inmediacións da urbanización, a pesar do elevado número de persoas que residen nela, polo que a portavoz do PP, Julia Rodríguez, esixe que a situación se corrixa "canto antes".

Novas

Redes Sociais