Novas

Venres, 30 de xaneiro de 2015

A candidata do PP á alcaldía participou este venres nunha xornada de portas abertas pensada para que os monfortinos realizasen as súas achegas para o programa electoral e propuxesen a aquelas persoas que consideran que poden formar parte da candidatura dos populares

Julia Rodríguez anuncia que recollerá as propostas dos monfortinos en barrios e parroquias

O Grupo Municipal Popular agradece o apoio dos militantes, simpatizantes, asociacións e colectivos que decidiron achegar as súas consideracións

A portavoz do PP de Monforte e candidata á alcaldía, Julia Rodríguez, anunciou este venres que o seu grupo recollerá as propostas dos monfortinos para o futuro da cidade en barrios e parroquias. Así o avanzou na xornada de portas abertas que o Grupo Municipal do PP organizou na sede para recoller de xeito anónimo as consideracións de militantes, simpatizantes, asociacións e colectivos da cidade para a elaboración do programa electoral e a confección da lista coa que concorrerá ás eleccións.

"Queremos que tanto o programa como a candidatura sexan o resultado da opinión de todos. Que este sexa un proxecto de todos e para todos", abundou.

A candidata á alcaldía agradeceu as achegas de todos os monfortinos que ao longo do día se achegaron á sede, así como dos colectivos e asociacións que decidiron trasladar as súas propostas. "Creemos que esta é unha fórmula moi adecuada para que todo o mundo participe no noso proxecto de cidade, polo que tamén pedimos que nos trasladen propostas e indicacións sobre aquelas persoas que consideran que poden ser idóneas para formar parte da candidatura", explicou.

"Hoxe é o día para escoitar a todo o mundo e por iso nos trasladaremos aos barrios e ás parroquias para coñecer mellor as súas necesidades e demandas como tamén estamos escoitando a persoas doutras sensibilidades políticas, o que nos vai permitir presentar o mellor proxecto de futuro e o mellor equipo para gobernar a cidade os próximos catro anos", concluíu a candidata.

Novas

Redes Sociais