Novas

Xoves, 26 de febreiro de 2015

A secretaria xeral de Política Social poñerase en contacto cos pais para manter un encontro con eles e explicarlles os avances da súa proposta

A Xunta estuda fórmulas que lle permitan obter os fondos necesarios para construír un centro asistencial ao lado do Colexio Infanta Elena

Julia Rodríguez agradece a boa disposición da responsable autonómica para dar resposta á demanda dos alumnos e ás familias con necesidades especiais

A portavoz do PP de Monforte, Julia Rodríguez, mantivo varios contactos coa secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, nos que esta lle trasladou a súa intención de contactar cos pais do Infanta Elena en canto dispoña de toda a información necesaria para anunciarlles que o seu departamento estuda fórmulas que lle permitan obter os fondos necesarios para construír un centro asistencial al lado do Colexio Infanta Elena. De poder materializarse esta proposta, o centro daría resposta á demanda dos pais para que os alumnos con necesidades especiais dispoñan dun espazo no que seguir a súa formación unha vez superen os 21 anos.

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, agradece a boa disposición da responsable autonómica para dar resposta ás necesidades dos alumnos do centro Infanta Elena. Esta mesma mañá Julia Rodríguez púxose en contacto cos pais para trasladarlles a intención de Coro Piñeiro de manter un encontro con eles en canto teña a información necesaria que avale esta iniciativa, entre eles a dispoñibilidade económica, no que lles explicará os avances da proposta, así como os fondos que a Xunta podería destinar a este edificio articulando as fórmulas oportunas para tal fin.

Tal e como puido saber Julia Rodríguez, a administración autonómica suscita esta vía tras descartar a posibilidade de implantar un módulo asistencial na segunda planta do edificio.

Novas

Redes Sociais