Novas

Luns, 2 de febreiro de 2015

A portavoz do PP e candidata á alcaldía mantivo esta mesma mañá unha conversación co responsable a nivel provincial na que este lle trasladou que os afectados poderán realizar as xestións oportunas sen ter que desprazarse a outras cidades

O delegado en Lugo da Axencia Tributaria confírmalle a Julia Rodríguez que os emigrantes retornados poderán realizar as súas declaracións e solicitudes en Monforte

Os afectados terán a oficina da Cidade do Cabe á súa disposición para acometer a solicitude de condonación das súas sancións, recargos e intereses de demora

A portavoz do PP de Monforte e candidata á alcaldía, Julia Rodríguez, mantivo esta mañá unha conversación co delegado da Axencia Tributaria en Lugo, José María Núñez, na que este lle confirmou que os emigrantes retornados poderán realizar declaracións e solicitudes de condonacións relacionadas coa súa situación particular nas oficinas que Facenda ten en Monforte.

"Recibín a confirmación por parte do delegado en Lugo de que os afectados van poder facer a solicitude de todos os trámites na Cidade do Cabe", explica Julia Rodríguez. En concreto, os emigrantes retornados de Monforte poderán tramitar nas oficinas de Facenda as declaracións que non estean prescritas, así como a solicitude de condonación das sancións, recargas e intereses de demora.

A portavoz do PP valora que estas xestións poidan realizarse na Cidade do Cabe a fin de que os afectados "non teñan que desprazarse a outras cidades para presentar as súas solicitudes".

Novas

Redes Sociais