Novas

Sábado, 20 de xullo de 2013

O Grupo Municipal do PP iniciou unha recollida de firmas dos veciños e afectados da zona que acompañarán na súa solicitude

O PP pide á Confederación Hidrográfica que limpe e acondicione a canle do Cabe ao seu paso por Ribasaltas para evitar inundacións e recuperar a zona de baño

Os populares realizan esta petición atendendo ás queixas dos veciños e logo de comprobar "a pasividade" do Goberno local

O Grupo Municipal do PP de Monforte solicita á Confederación Hidrográfica Miño Sil que, previos os trámites oportunos, efectúe as obras necesarias de limpeza e acondicionamiento da canle do Río Cabe ao seu paso pola parroquia de Ribasaltas, concretamente entre os barrios da Ponte e Pacios.

Os populares realizan esta petición para evitar os riscos que poden derivarse das inundacións provocadas pola existencia de gran cantidade de sedimentos, maleza e vexetación e polos danos derivados das mesmas. Tamén instan á CHMS a que, ao mesmo tempo, permita recuperar unha zona tradicionalmente utilizada para o baño como é a área Recreativa da Barxa.

O Grupo Municipal do PP iniciou unha campaña de recollida de firma dos veciños e afectados da zona que acompañarán á petición que se envíe á Confederación Hidrográfica.

Na exposición de motivos que o PP remite á Confederación explícase que hai anos que se veñen producindo reiteradas inundacións consecuencia do desbordamiento do Río Cabe que afectan a barrios como Pazos, Veiga, Puente e Bergazos e á área recreativa da Barxa, todos eles na parroquia de Ribasaltas, como consecuencia dos incrementos de caudal do río ao seu paso por esa zona na época de choivas. Os populares afirman que estes desbordamentos ocasionan graves prexuízos e danos económicos en vivendas e parcelas, que foron denunciados en múltiples ocasións ante ese Organismo de Cuenca.

Os desbordamentos son consecuencia da acumulación de sedimentos no fondo da canle do río, ata o punto de formarse unha illa que se cubriu de vexetación, igual que ocorreu na marxe esquerda do río, e unha acumulación de sedimentos que reduciu a zona de baño a unha profundidade mínima da lámina da auga.

Pasividade do Concello

A portavoz do PP, Julia Rodríguez, considera que "unha vez que a Confederación realice este traballo, estará en mans do Concello cumprir os demais requisitos que permitirán a Ribasaltas converterse nunha zona de baño pública e gratuita da que todos os monfortinos poidan gozar".

Os populares toman esta medida despois de que o Goberno local votase en contra da limpeza dos arroios e tralas declaracións do alcalde das que se desprende que "en todo este tempo non fixo nada, nin ten previsto levar a cabo xestión algunha para recuperar esa zona para todos os vecinos". O Grupo Municipal do PP ha ter en conta ademais as solicitudes trasladadas o pasado xoves polos veciños de Ribasaltas nunha reunión mantida con eles na que observaron a "falta de actuación" do Goberno local para solucionar o problema e que a área volva ser zona de baño.

Novas

Redes Sociais