Novas

Xoves, 26 de marzo de 2015

O Grupo Municipal do PP levará unha pregunta ao Pleno do luns para coñecer a actuación do equipo de Goberno con relación a estes incentivos

O PP quere saber se o Concello solicitou as axudas para a conservación ou enriquecemento do patrimonio con cargo ao 1,5% cultural

Julia Rodríguez explica que "Monforte conta con patrimonio moi necesitado que podería financiarse con esta orde de Fomento"

A portavoz do PP de Monforte, Julia Rodríguez, preguntará no Pleno do luns se o Concello solicitou algunha axuda ao amparo da Orde FOM/1932/2014 pola que se aprobaron as bases reguladoras da concesión de axudas para actuacións de conservación ou enriquecemento do Patrimonio Histórico Español, con cargo aos recursos procedentes das obras públicas financiadas polo Ministerio de Fomento.

En caso de terse pedido, o Grupo Municipal do PP quere saber qué proxecto ou proxectos se presentaron para poder obter financiamento ao amparo desas axudas.

Rodríguez explica que "este concello conta con patrimonio moi necesitado de actuacións de conservación e enriquecemento, como a muralla ou a ponte vella, entre outros elementos de interese cultural que poderían financiarse coas axudas sinaladas".

Os populares recordan que o pasado 22 de outubro publicouse a Orde FOM/1932/2014 pola que se aprobaban as bases reguladoras da concesión de axudas para actuacións de conservación ou enriquecemento do Patrimonio Histórico Español, con cargo aos recursos procedentes das obras públicas financiadas polo Ministerio de Fomento e Entidades públicas dependentes.

As citadas axudas, financiadas con cargo ao Ministerio de Fomento por un importe de 35 millóns de euros, -aínda que excepcionalmente había unha previsión de 12 millóns de euros adicionais-, teñen por obxecto intervir, mediante cofinanciación co seu titular, na recuperación ou enriquecemento de inmobles declarados Ben de Interese Cultural, de titularidade e uso públicos, ou privada sen ánimo de lucro pero cedidos ao uso público.

A achega financeira con cargo ao Ministerio de Fomento correspondería, como máximo, ao 75% do orzamento total, no caso de que o solicitante fose unha entidade local.

Novas

Redes Sociais