Novas

Mércores, 1 de abril de 2015

A portavoz do PP e deputada autonómica preguntará no Parlamento polas razóns polas que a Cidade do Cabe non recibe a axuda da Xunta

Julia Rodríguez lamenta que Monforte non consiga o taller de emprego que solicitou, polo que se interesará polos motivos

A popular tratará de saber qué pasou coa solicitude realizada polo Goberno local para que non saíse adiante

A portavoz do PP de Monforte, Julia Rodríguez, lamenta que o proxecto presentado polo Concello de Monforte para dispoñer dun taller de emprego non consiga ser un dos que financiará a Xunta.

A deputada autonómica trasladará unha pregunta a través do Parlamento de Galicia para interesarse polos motivos polos que o proxecto do equipo de Goberno do BNG non saíu adiante. "Lamento que non se conseguira, polo que me poño a disposición de todos os monfortinos para tratar de saber as razóns polas que non recibiu esta axuda", explica Rodríguez.

A popular realizará esta petición de xeito inmediato para coñecer por qué o proxecto Ruta Verde non está entre os seleccionados pola administración autonómica.

Novas

Redes Sociais