Novas

Sábado, 4 de abril de 2015

A candidata do PP de Monforte presentará a súa lista o vindeiro luns día 13 de abril

Julia Rodríguez contará cun equipo renovado, solvente e ilusionado capaz de dar resposta ás necesidades dos monfortinos

Os populares aspiran a gañar as eleccións para que Monforte avance en áreas básicas como o emprego e o emprendemento, o medio rural ou o turismo, entre outras

A candidata do PP de Monforte á alcaldía, Julia Rodríguez, contará cun equipo renovado, solvente e ilusionado capaz de dar resposta ás necesidades dos monfortinos. "Fixemos un diagnóstico profundo daquelas inquietudes que máis preocupan aos nosos cidadáns e imos propoñer as solucións que poden axudar a resolvelas", precisa Rodríguez.

A candidata do PP dará a coñecer a súa lista electoral a todos os monfortinos o vindeiro luns día 13 de abril.

Os populares preséntanse ás eleccións do próximo 24 de maio co obxectivo de alcanzar un resultado que lles permita levar a cabo o seu proxecto de cidade para que Monforte avance en áreas básicas como o emprego e o emprendemento, o medio rural ou o turismo, entre outras.

"Cremos que Monforte aínda está a tempo. A tempo de elixir unha xestión eficaz dos seus recursos, a tempo de contar cos empresarios e empresas de Monforte, a tempo de aproveitar as nosas potencialidades turísticas, a tempo de que os veciños do rural teñan o peso que se merecen", explica a candidata.

Novas

Redes Sociais