Novas

Xoves, 9 de abril de 2015

O secretario xeral do PP de Lugo e deputado autonómico, José Manuel Balseiro, e a tamén deputada e candidata á alcaldía, Julia Rodríguez, fixeron balance das achegas autonómicas recibidas na cidade do Cabe

Monforte recibiu da Xunta 144 millóns de euros en investimentos durante os últimos seis anos de Goberno de Alberto Núñez Feijóo

O Executivo autonómico ten investido na cidade 42 veces máis que a Deputación de Lugo no mesmo período

Os veciños e veciñas de Monforte téñense beneficiado nos últimos seis anos de Goberno de Alberto Núñez Feijóo de máis de 144 millóns de euros en obras, novos servizos, transferencias e outros investimentos executados pola Xunta de Galicia.

O deputado autonómico e secretario xeral do Partido Popular de Lugo, José Manuel Balseiro, e a tamén deputada e candidata do PP á alcadía de Monforte, Julia Rodríguez, fixeron hoxe un balance dos últimos seis anos do Goberno do PP na Xunta de Galicia no relativo á cidade do Cabe e subliñaron que o investimento medio anual foi de 24 millóns de euros.

Os datos oficiais confirman, segundo expuxo Balseiro, que a Xunta “estivo presente neste Concello e ademais dun xeito notable e significativo”. “Non existe ningunha outra administración que teña realizado maior esforzo inversor que a Xunta en Monforte”.

Balseiro engadiu que o Goberno galego ten investido en Monforte 42 veces máis que a Deputación de Lugo, xa que mentres a Xunta achegou recursos por valor de 144 millóns de euros, o bipartito na Deputación de Lugo non supera os 3,4 millóns de euros para o mesmo período. Balseiro afirmou que en tan só catro meses a Xunta ten investido tanto como o Goberno provincial en seis anos.

O investimento do Goberno galego ao longo destes anos divídese en dúas grandes áreas: 34,7 millóns de euros para obras no Concello de Monforte e 109,92 millóns de euros para partidas xenéricas. Os datos demostran, tal e como explicou o secretario xeral do PP de Lugo, que o primeiro Concello da Comarca é tamén o primeiro en esforzo inversor da Xunta.

Entre os investimentos a destacar, o secretario do PP de Lugo referiuse á partida de máis de 2,2 millóns de euros de achegas para financiar o Servizo de Axuda no fogar en situación de dependencia, así como os 15 millóns de euros para o mantemento de prazas de residencias para persoas maiores. Na área das infraestruturas o Goberno galego destinou 3,5 millóns de euros a rematar a urbanización da 1ª fase do Porto Seco, aos que se suman 397.650,94 euros para a ampliación e reformas no Hospital de Monforte. Balseiro subliñou tamén os 2,3 millóns de euros para vivendas de promoción pública.

Listado de investimentos

NO ÁMBITO DO TRABALLO E BENESTAR (26,26M€)

Mantemento de prazas de residencia para persoas maiores 15.000.000 €

Mantemento de 30 prazas no centro de día de Alzhéimer 273.808 €

24 alumnos recibiron formación no Obradoiro de Emprego "Río Cabe II" 2009-2010) 509.000 €

1.050 persoas beneficiáronse de 70 Accións Formativas 3.800.000 €

174 persoas foron contratadas a través dos plans de cooperación 2.743.700 €

Reforma da Residencia de maiores 347.661 €

Adquisición e instalación de equipamento e moblaxe para o centro de PRODEME 19.000 €

Subvención a PRODEME para a reforma e ampliación do centro de día e centro ocupacional 180.000 €

Subvención a PRODEME para a adquisición de equipamento para pisos tutelados 86.000 €

Subvención para a reforma dun centro de día o seu equipamento, para a entidade Ágora 124.000 €

Subvención para equipamento do centro ocupacional de Albores 8.000 €

Financiamento pola Xunta do Plan Concertado de Servizos Socias 643.732 €

Achegas para financiar o Servizo de Axuda no fogar a persoas en situación de dependencia 2.215.620 €

Contratación de 7 orientadores laborais 196.584 €

Contratación de 10 persoas en risco de exclusión social 114.559 €

NO ÁMBITO DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS: 6.64M€

Instalación e mantemento da ETAP 2.500.000 €

Execución do Centro Verde 442.698,97 €

Rematouse a urbanización da 1ª fase do Porto Seco de Monforte 3.560.000 €

Obra de conexión Porto Seco de Monforte, 1ª fase: Treiro Porto Seco - Estrada LU-933 142.287,30 €

NO ÁMBITO DA ATENCIÓN DAS EMERXENCIAS E PROTECCIÓN CIVIL: 766.625€

Parques contra incendios Mantemento e operatividade 714.055 €

AVPC e Grumir Convenio Grumir / Sub. Agrupación voluntarios 49.439 €

Orde auxiliares de policía Contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán 3.131 €

NO ÁMBITO DA CONSELLERÍA DE SANIDADE: 397.650,94€

Ampliacións e reformas no Hospital de Monforte 397.650,94 €

NO ÁMBITO DEPORTIVO:

Axudas a clubs 327.713,85 €

EN MATERIA DE IGUALDADE: 303.035,32 €

Mantemento do CIM 254.393,09 €

Promoción da igualdade, conciliación ou prevención da violencia 29.184,43 €

Asoc. Mulleres Rurais Val de Lemos 4.317,80 €

ANPA CEIP A Gándara 7.204 €

ANPA Escolapios 7.936 €

PARA A MELLORA INFRAESTRUTURAS BÁSICAS LOCAIS: 303.035,32 €

Adquisición de porterías para instalar en pistas multideportivas ao aire libre 2.925 €

Roteiro municipal polo contorno do río Cabe 9.346 €

PARTIDAS XENÉRICAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA: 21,6M€

Promoción, modernización e desenvolvemento do sector comercial 1.488.970,20 €

Investimento no eido enerxético 2.095.985,28 €

Dinamización da actividade económica e empresarial 16.668.023,31 €

Desenvolvemento da innovación e investimentos tecnolóxicos 1.404.584,23 €

CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN: 1,69M€

Obras de mellora dos CEIP e IES

Colexios e institutos 1.024.021,20 €

Conservación do Patrimonio Cultural da comarca 602.365,41 €

Actividades de ámbito cultural 72.283,85 €

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL: 37,3M€

Secretaría Xeral 23.365,15 €

Proxectos dinamizadores 448.286,97 €

Plan Marco Programa Mellora Acceso a Camiños de Titularidade Municipal 399.406,82 €

Proxectos Leader 1.167.583,56 €

Área infraestruturas 1.746.854,28 €

Fondo de Garantía Agraria 18.669.520,95 €

Produción agropecuaria 11.700.677,14 €

Prevención contra os incendios forestais 851.072,46 €

Convenios e subvencións de prevención de incendios 1.362.643,33 €

Ordenación e fomento forestal 1.028.091,39 €

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS: 47,7M€

Investimentos nas obras en estradas 42.165.579,12 €

Conservación integral 2.048.042,41 €

PXOM e PEPCHA de Monforte 436.677,44 €

Entrega de vivendas de promoción pública en Monforte, 2.345.629,55 €

Reparacións de vivendas de promoción pública en Monforte e Pantón 37.246,90 €

Axudas para rehabilitación de vivendas 562.609,30 €

Axudas para adquisición de 54 vivendas protexidas 127.701,47 €

MELLORA DA CONECTIVIDADE Á REDE INTERNET: 1,4M€

Plan Banda Larga de Galicia 1.186.567,34 €

Equipamento TIC para o desenvolvemento do proxecto Abalar en centros educativos 256.850,79 €

Novas

Redes Sociais