Novas

Sábado, 11 de abril de 2015

A candidata do PP á alcaldía asegura que manterá o contrato asinado polo BNG, de maneira que os postos de traballo están garantidos

Julia Rodríguez comprométese cos traballadores de FCC a cumprir e facer cumprir o contrato de recolleita de lixo

Os populares manterán a súa labor de vixilancia para que a empresa cumpra coas obrigacións establecidas na concesión

A portavoz do Grupo Municipal do PP e candidata á alcaldía, Julia Rodríguez, mantivo unha reunión cos traballadores do servizo de recolleita de lixo da empresa FCC aos que lles trasladou o seu compromiso de cumprir e facer cumprir o contrato rubricado no seu día polo BNG.

A popular aseguroulles que os seus postos de traballo "en ningún caso están en risco", posto que o contrato establece unha duración que se prolonga ata o ano 2020. "É sabido que este contrato representa unha desviación económica importante para as arcas municipais e non é o modelo que nós elixiríamos, pero é unha obrigación contraída e estaremos vixiantes porque é un contrato moi custoso que obriga a facelo cumprir con absoluto rigor para prestar o mellor servizo aos cidadáns. Mentres a empresa cumpra o contrato, o Concello tamén o ten que cumprir", precisa a candidata.

Julia Rodríguez explicoulles que se chega á alcaldía, igual que ela cumprirá o contrato, manterá a súa labor de vixilancia para que a concesionaria cumpra coas súas obrigacións, tal e como o PP veu demandando tamén desde a oposición.

Novas

Redes Sociais