Novas

Luns, 13 de abril de 2015

A popular dá a coñecer a lista coa que concorrerá ás eleccións do 24 de maio formada por un equipo novo, renovado, ilusionado e multidisciplinar

Julia Rodríguez presenta a candidatura a pé de rúa "que mellor pode gobernar Monforte os próximos catro anos"

O PP celebrará o sábado 25 de abril unha 'comida popular' á que invitan a sumarse a todos os monfortinos para coñecer o proxecto de futuro que propoñen para a cidade

A candidata á alcaldía de PP, Julia Rodríguez, deu a coñecer esta tarde a candidatura coa que concorrerá ás eleccións do próximo 24 maio. A popular presentou a súa lista como "o equipo a pé de rúa que mellor pode gobernar Monforte os próximos catro anos".

"Somos unha candidatura a pé de rúa. Os que mellor coñecemos os problemas da xente e os que estamos en mellor disposición de buscarlles solución", explicou. A candidata aclarou que o seu equipo "non mira a Monforte desde un vagón nin desde un autobús, senón que estamos coa xente da rúa e co que a eles lles interesa e lles preocupa.

Julia Rodríguez presentou a unha candidatura "nova, renovada, ilusionada e multidisciplinar. Unha lista de persoas traballadoras que non veñen á política para lucrarse, senón que o único afán que lles move é o do compromiso co futuro de Monforte", engadiu. "Buscamos mellorar esta cidade e as oportunidades dos que vivimos nela porque creemos que estamos a tempo de cambiar o futuro de Monforte e ese é o noso verdadeiro compromiso".

Os populares anunciaron que o próximo día 25 de abril organizarán unha 'comida popular' á que invitan a sumarse a afiliados, simpatizantes e a todos os monfortinos para que poidan coñecer en detalle o proxecto de futuro que o PP propón para a cidade.

Os populares continúan ademais coa súa campaña de propostas á que todos os cidadáns poden acceder a través das contas do PP de Monforte nas redes sociais Facebook e Twitter ou na páxina web www.ppdemonforte.com.

A lista está formada por:

1. Julia Rodríguez Barreira. Licenciada en Dereito. Avogada. 48 anos.

2. Iván Vázquez Rodríguez. Enxeñeiro agrónomo. Xefe da área de servizos agrarios de Monforte da Consellería do Medio Rural e do Mar. Ex-director do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte. 44 anos.

3. Purificación Argiz Quintas. Farmacéutica. 49 anos.

4. Francisco José Cela. Arquitecto. 59 anos.

5. Manuel Jesús López Sánchez. Autónomo. 49 anos.

6. Noelia Somoza Álvarez. Licenciada en xornalismo. Licenciada en publicidade e relacións públicas. Especialista en comunicación corporativa. 33 anos.

7. Miguel González Lemos. Médico de familia e xerontólogo. Médico de Geriatros. 33 anos.

8. José Luís González Varela. Empresario. 52 anos.

9. Fernando Varela Fernández. Enxeñeiro técnico industrial. 41 anos.

10. Natalia Díaz López. Arquitecta. 39 anos.

11. Jaime López Álvarez. Grupo administrativo do Sergas. 51 anos.

12. Sandra Díaz Novoa. Estudante de administración e dirección de empresas. 22 anos.

13. Alejandro Sousa. Urólogo. 53 anos.

14. Teresa López Pérez. Enxeñeira industrial. 42 anos.

15. Andrés Rodríguez Vázquez. Gandeiro. 70 anos.

16. Consolo Mª Losada Rodríguez. Ama de casa. Ex presidenta da Asociación de mulleres rurais. 65 anos.

17. Francisco Conde. Conselleiro de Economía e Industria. 47 anos.

Novas

Redes Sociais