Novas

Domingo, 19 de abril de 2015

A entrada terá un prezo de 15 euros e poderá adquirirse na sede durante esta semana

Alberto Núñez Feijóo participará na pulpada que organiza o PP o sábado día 25

Os populares aproveitarán o encontro para facer partícipes aos asistentes das súas propostas de goberno para os próximos catro anos

O responsable da Xunta e presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participará o vindeiro sábado día 25 na pulpada que o PP local organiza en Monforte. O máximo responsable autonómico quixo apoiar coa súa presenza ao equipo co que Julia Rodríguez concorrerá ás eleccións do próximo 24 de maio.

As entradas para asistir, cuxo prezo é de 15 euros, estarán a disposición dos interesados na sé do PP (Calle Hortas, 42) durante toda a semana en horario de 19:00 a 21:00 da tarde. O menú estará formado por entrantes, empanada, polbo, sobremesa, viño, auga, café e queimada.

A candidata do PP á alcaldía, Julia Rodríguez, invita a participar "nesta romaría popular" a todos os monfortinos para que poidan coñecer as propostas de goberno que o seu partido ten para a cidade para os próximos catro anos. "Queremos dar a coñecer ao noso equipo e que os cidadáns poidan trasladarnos as súas inquietudes e tamén coñecer o noso proxecto de cidade e os nosos compromisos", explica.

A comida celebrarase no Parque Doutor López Suárez a partir das 14:15 horas e estará amenizada por un grupo musical.

Novas

Redes Sociais