Novas

Martes, 30 de xullo de 2013

Os populares recordan que foron as súas negociacións en relación coa Oficina de Rehabilitación as que permitiron que o tipo se sitúe no 0,55 a partir de 2013

O PP pídelle ao Concello que na carta do IBI recolla a súa intención de subir o tipo nun 0,60 desde 2014 e ata o ano 2019

Julia Rodríguez considera que BNG e PSOE eluden a súa responsabilidade, posto que o Goberno do Estado só impuxo a obligatoriedad do tipo ata 2013

O Grupo Municipal do PP de Monforte acusa ao Goberno local de querer subir o coeficiente do IBI nun 0,60 ata o ano 2019 e invita ao Concello a que o explicite nas cartas que ten previsto enviar aos veciños da cidade do Cabe. Julia Rodríguez recorda que foron os populares os que conseguiron que o tipo aplicable ao IBI sexa do 0,55 en 2014 e non ao 0,60, como pretendía o Goberno local, un descenso que foi posible grazas ás negociacións dos populares coa Interventora municipal en relación co aforro na Oficina de Rehabilitación.

Os populares denuncian "esta nova campaña de lavado de imaxe" do alcalde cando fai meses que xa enviou unha carta sobre a subida do IBI a todos os monfortinos. "Debería explicarlles aos cidadáns cal é a intención real de enviar unha nova misiva despois de que xa foran informados", replica a popular.

Julia Rodríguez precisa que a medida articulada polo Goberno central no Real Decreto 20/2011 menciona no seu artigo 8 o seu carácter transitorio, de maneira que a subida do IBI aplícase só en 2012 e 2013 para atallar os problemas de déficit das administracións locais. "É un diñeiro que xestionan os propios Concellos e que é para eles", traslada.

Os populares consideran que o BNG e o PSOE eluden a súa responsabilidade, posto que o Goberno do Estado só impuxo a obligatoriedade do tipo ata o ano 2013. "O que pase co IBI a partir de 2013 é responsabilidade exclusiva do Goberno local de Monforte e son eles os que deberán explicarlle aos cidadáns por qué querían manter un tipo dun 0,60 cando o PP propuxo no Pleno que se as condicións así o permitían se volvese a un coeficiente do 0,45".

A popular insiste ademais en que o que pase a partir do 2013 co IBI "non é responsabilidade do Estado, senón dun plan de axuste do que terá que responder o alcalde e o portavoz do PSOE que foron os que aprobaron a operación de crédito que daba efecto ao documento".

Novas

Redes Sociais