Novas

Xoves, 23 de abril de 2015

O PP compromete unha serie de accións que unan a traxectoria de dúas das figuras máis importantes para Monforte como paso previo á súa promoción, destinada a monfortinos e visitantes

Julia Rodríguez anuncia que "Don Quijote de la Mancha, Cervantes e o VII Conde de Lemos visitarán Monforte este outono"

A candidata á alcaldía propón organizar unha recreación histórica que rememore o bicamáns que o escritor lle promete a Fernández de Castro

A candidata á alcaldía do PP, Julia Rodríguez, anuncia que, de chegar a gobernar, o seu equipo compromete unha serie de actos e accións que promovan o legado do VII Conde de Lemos como un recurso "que merece ser posto en valor de xeito local, nacional e internacional", explica.

Desde fai 400 anos o VII Conde de Lemos, Don Pedro Fernández de Castro, espera a chegada de Don Quijote para que lle bique as mans como Cervantes anuncia no seu prólogo da segunda parte do libro máis laureado das letras en castelán. O VII Conde de Lemos foi un gran defensor das letras como se reflectiu na literatura a través do mecenado de autores como Góngora, Quevedo, os irmáns Argensola, Lope de Vega e ata en Nápoles a súa figura foi nomeada por Antonio Serra.

"Cremos que esta riqueza cultural que atesoura Monforte como cabeza da Casa de Lemos está perdida ou desaproveitada, polo que aínda estamos a tempo de aproveitar a oportunidade histórica do cumprimento do cuadraxésimo aniversario da publicación da segunda parte do Quijote que Cervantes lle dedicou ao VII Conde de Lemos. Por iso, propoñemos para este mesmo outono, coincidindo co aniversario, iniciar as actividades que arraiguen na cidade un recoñecemento a esta figura histórica", explica a popular.

O PP considera que se fai imprescindible un traballo de investigación respecto diso para amparar en feitos históricos os actos relacionados coa figura do VII Conde de Lemos. Neste sentido, os populares propoñen reunir na cidade a estudosos representativos da súa figura e, sobre todo, de Miguel de Cervantes, para unir a traxectoria destas dúas figuras como paso previo á súa promoción, destinada a monfortinos e visitantes.

Recreación histórica do bicamáns

Julia Rodríguez precisa que, con independencia doutras accións e actividades que se programen, froito do traballo dos técnicos e das propostas dos monfortinos, parécenos oportuno aproveitar as propias palabras do escritor máis recoñecido do mundo para rememorar o bicamáns que Cervantes lle promete a Fernández de Castro mediante a organización dunha recreación histórica que poña en valor este acto e que se converta na única oportunidade xustificada historicamente para que Don Quijote e Sancho Panza visiten a nosa terra.

O PP proxecta ademais traer a Monforte unha exposición relacionada coas personaxes que amparan esta historia para completar unha experiencia cultural que atraia ao turista e posibilite a desestacionalización como un atractivo que favoreza a mellora dos datos de visitantes ese mes de outono.

Para favorecer o coñecemento destas tres figuras con profunda relación con Monforte e coas letras universais, o PP estima que se debe actuar nunha dobre vertente. Por unha banda, é imprescindible programar series de conferencias nas que se lle dea a oportunidade a estudosos destas figuras de transmitir os seus coñecementos fomentando a súa difusión entre os monfortinos.

Programación propia para os colexios

Ademais, Julia Rodríguez considera irrenunciable actuar nos colexios da cidade, en colaboración con profesores e pais, para impulsar actividades que xeren ilusión entre os alumnos e alumnas pola historia máis próxima, da que a nosa cidade ten riquísimos referentes. Para iso propoñerase, entre outras accións, un certamn de teatro escolar que teña como eixe central a obra do VII Conde de Lemos "El búho gallego haciendo cortes con las demás aves de España".

"Cremos que ningún día é mellor que este 23 de abril, Día do Libro, para presentar esta iniciativa coa que pretendemos situar a Monforte no lugar máis alto das letras mundiais", conclúe a candidata.

Novas

Redes Sociais