Novas

Mércores, 29 de abril de 2015

Desde este punto partirían, principalmente, tres rutas de turismo medioambiental que permitirían unha visión completa do val para o seu goce por parte de monfortinos e visitantes

O PP propón implantar na Fábrica da Luz de Vilanova o punto de partida das "iniciativas de turismo experiencial verde"

Julia Rodríguez aposta ademais polo turismo ornitolóxico como un reclamo para o visitante

A candidata do PP, Julia Rodríguez, propón implantar na Fábrica da Luz abandonada de Vilanova, dentro da súa iniciativa de revitalización dos espazos medioambientalmente degradados do Concello, o punto de partida das iniciativas de turismo experiencial verde que o PP pretende poñer en marcha.

O espazo que circunda o Río Cabe é un lugar de importancia comunitaria de máis de 1.576,53 hectáreas que se estende polos Concellos de Monforte, Bóveda, O Incio, A Pobra, Pantón e Sober.

Na zona urbana de Monforte, o LIC esténdese augas arriba do Cabe ao seu paso pola cidade, empezando na Área verde de Vilanova e estendéndose ata máis aló da confluencia do Cabe e o Mao no Campo do San Mateo. Polo tanto, explica a popular "a área verde de Vilanova debe ser para os monfortinos a porta de entrada a un espazo natural protexido".

"Rehabilitando este espazo, propoñemos instalar nel un aula verde cun centro de interpretación da flora e a fauna do val de Lemos. Este pequeno centro de recepción de visitantes sería o emprazamento ideal para concentrar ao turista experiencial que busca descubrir a riqueza medioambiental do Val de Lemos", engade.

Desde este punto partirían, principalmente, tres rutas de turismo medioambiental que permitirían unha visión completa do val ao visitante.

A primeira delas percorrería o LIC desde Vilanova ata o encontro Mao-Cabo, continuando ata os límites da cidade por ambos ríos. Sería preciso acondicionar e sinalizar a ruta, establecendo no punto de chegada un área de concentración dos visitantes. Esta senda tería parada obrigada na Praia Fluvial de Ribasaltas, proposta recentemente, e sería unha parte fundamental dentro do Programa de Educación Ambiental, imprescindible para garantir a concesión da bandeira azul.

A segunda delas percorrería o río augas abaixo do cabe ata Distriz, aproveitando as recentemente rehabilitadas marxes do Cabe ao seu paso pola cidade. Esta iniciativa esixiría rehabilitar a área recreativa de Piñeira. Ademais, este traxecto bifurcaríase no parque dos Condes para iniciar unha ruta de sendeirismo que unise a cidade coas Minas abandonadas de Wolframio en Freixo.

Unha terceira aposta sería a do turismo ornitolóxico. En Monforte existen varios puntos de visualización de aves migratorias ou endémicas que aproveitan os humedais da zona para repousar nas súas migracións. Os afeccionados do val transmítennos que, tanto no punto de visualización do Castelo como no das Lamas, como no propio curso do Cabe, visualizáronse exemplares de Focha Común, Aguia Mariñeira, Garza branca, Pato Colorado ou Ánade Rabudo, entre outros. Ademais doutras especies máis comúns como a Garza, o mirlo de auga, o andarríos, o martín mariñeiro, a cegoña ou o Zampullín común. É imprescindible crear infraestruturas (utilizando para iso instalacións que xa son municipais) para favorecer a visualización das aves, así como, poñer en marcha unha ambiciosa labor de promoción que posibilite aproveitar esta iniciativa, que atrae visitantes fose da época máis forte turísticamente (na primavera e no outono) e que contribúa a desestacionalizar o turismo.

O PP enlaza esta iniciativa coa do bus turístico, que permitiría non só facilitar a accesibilidade no caso do turismo ornitolóxico senón tamén no caso do uso dos carreiros e das rutas cicloturísticas favorecendo as rutinas de vida sa e o turismo saudable.

Non podemos esquecer, segundo subliña a candidata popular, o previsible impacto positivo do recoñecemento do Camiño Sur a Santiago. Neste sentido, o PP xa ten adquirido o compromiso de rehabilitar, manter e promocionar esta ruta no seu conxunto.

Novas

Redes Sociais