Novas

Sábado, 3 de agosto de 2013

Advirten da existencia dunha casa preto da Compañía con fiestras e cristais en mal estado, así como dunha arqueta nas inmediaciones da capela de Carude que non está alineada co pavimento

O PP pidelle o Goberno local que actúe para emendar dous puntos deficientes que poden entrañar perigo para os viandantes

Julia Rodríguez deu traslado destas irregularidades ao Concello para que interveña "de xeito urxente", posto que no verán e durante as festas é cando soportan maior paso de xente

O Grupo Municipal do PP de Monforte deu traslado ao Concello do mal estado de dous puntos da cidade que poden entrañar perigo para os viandantes. Os populares pretendían presentar un rogo no pasado Pleno para que fosen emendados, pero a suspensión do mesmo obrigou a dar parte de palabra ao Goberno local.

Un deles é unha casa en mal estado preto da Compañía coas fiestras e cristais visiblemente danados e con risco de rotura e caída. O PP pídelle ao Goberno local que adopte as medidas necesarias, previo requerimiento ao propietario, para asegurar as fiestras ou calquera elemento que represente risco para os viandantes, sobre todo atendendo ao seu estado e á gran afluencia de xente que transita polo lugar en época estival e de festas.

O Grupo Municipal do PP advirte ademais da existencia dunha arqueta nas inmediacións da Capela de Carude e próxima ás instalacións da asociación ÁGORA que presenta un desnivel apreciable con respecto ao pavimento. Desde o PP consideran que representa un risco evidente para os viandantes e especialmente para os membros da citada asociación como acredita o feito de que recentemente un usuario en cadeira de rodas caera como consecuencia do estado da arqueta.

O PP puxo estes feitos en coñecemento do Goberno local, ao que lle solicita que interveña "de xeito urxente". De non tomar medidas, os populares levarán esta petición ao próximo Pleno da Corporación.

Novas

Redes Sociais